1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia na que se tramita o expediente: Servicio de Patrimonio e Contratación.
c) Número do expediente: 31/2002.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: subministración de sistema de transporte de sinal do servicio de medición de contaminación acústica.
b) Prazo de execución: 2 (dous) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 37.000 euros, IVE incluído.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Servicio de Patrimonio e Contratación.
b) Domicilio: Concello de Ourense; praza Maior nº 1.
c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.
d) Teléfono: 988 38 81 61.
e) Telefax: 988 38 81 85.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de propostas.
7. Requisitos:
a) Poderán concorrer a esta licitación persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade.
8. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: 8 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o último anuncio no BOP ou DOG.
b) Documentación para presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na praza Maior nº 1, 32005 Ourense, das 9 ás 13 horas.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Concello de Ourense.
b) Enderezo: praza Maior nº 1.
c) Data: quinto día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Ourense, 4 de novembro de 2002.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde

