O Pleno do Concello, na súa sesión ordinaria do 13 de xullo de 2002, adoptou, entre outros, o acordo do teor literal seguinte:
«Modificación do Plan parcial de ordenación do parque empresarial. Emenda de erros».
Visto o escrito presentado por Xestur Ourense, S.A. do pasado vintesete de febreiro de dous mil dous, no que se indicaba que a última modificación do Plan parcial do parque empresarial do Pereiro de Aguiar, aprobado polo concello pleno o día cinco de outubro de dous mil un, se detectara o seguinte erro:
No título II.-Ordenanzas reguladoras. Variacións da normativa respecto ó artigo 67 zona industrial, comercial e de usos compatibles co comercial industrial, no punto Para edificacións en parcelas menores de 1.500 m, no seu parágrafo 2º, onde literalmente di:
«Recuamento a vía 8 metros como aliñación oficial. En parcelas con fachadas curvas moi acusadas (parcelas 21, 22, 1 e 2 e as súas simétricas, 14, 13,
12, 11 e 10) admitirase para o recuamento frontal á vía de 8 metros unha tolerancia de 2 metros en elementos puntuais e de forma xustificada».
Debe dicir:
«Recuamento a vía 8 metros como aliñación oficial. En parcelas con fachadas curvas moi acusadas (parcelas 21, 22, 1 e 2 e as súas simétricas, 14, 13, 12, 11 e 10), admitirase para o recuamento frontal á vía de 8 metros unha tolerancia de 3 metros en elementos puntuais e de forma xustificada».
Figura no expediente o informe favorable do arquitecto, asesor municipal, nos termos expostos no escrito de Xestur Ourense, S.A.
A corporación, despois dunha breve deliberación, por unanimidade dos asistentes (oito membros dos once que de feito e de dereito a compoñen), e por tanto por maioría absoluta, acorda:
1. Rectifica-lo erro material detectado, nos termos expostos.
2. Comunicarlle este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, e publicalo no BOP e no Diario Oficial de Galicia.
Contra o expresado acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa última publicación (no BOP ou no DOG), aínda que, previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recurso de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de dous meses, contado desde o día seguinte ó da notificación, ou de seis meses, contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición da reposición.
O Pereiro de Aguiar, 22 de outubro de 2002.
Eliseo Fernández Gómez
Alcalde

