En cumprimento da resolución da alcaldía do 24-9-2002 e do disposto nos artigos 78 do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de arrendamento financeiro.
1º Obxecto: contratación dunha operación de arrendamento financeiro para adquisición dun camión con caixa aberta provisto dunha plataforma elevadora.
2º Tramitación: urxente.
3º Procedemento: aberto.
4º Sistema de adxudicación: concurso.
5º Tipo de licitación e financiamento: 44.950 euros, incluído IVE, con cargo á partida orzamentaria correspondente.
6º Prazo da operación: catro anos.
7º Fianza provisional: excluída.
8º Fianza definitiva: excluída.
9º Presentación de ofertas: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello e remitíndoas por correo, comunicándoo, neste caso, mediante telegrama ou fax.
O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, praza de España nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo, tfno. 982 12 86 50, fax 982 13 09 75, horario de atención ó público de 9 a 14 horas, de luns a venres.
10º Modelo de proposición.
D..., maior de idade, veciño de..., con domicilio en..., e con DNI nº..., actuando en representación de..., o que acredito con poder bastanteado para o efecto informado do proceso de contratación dunha operación de arrendamento financeiro dun camión con caixa aberta provisto dunha plataforma elevadora, manifesta que informado e conforme cos pregos de condicións económico-administrativas particulares que rexerán o mesmo comprométese a realiza-la operación nas seguintes condicións:
-Tipo fixo aplicable:
-Comisións:
-Valor residual para o exercicio da opción de compra:
-Se fose o caso, outras consideracións para os efectos de concurso:
11º Apertura de proposicións: realizarase pola mesa de contratación no salón de sesións da corporación, segundo o prego, ás 12 horas do día seguinte a aquel en que remate o prazo da presentación de plicas sempre que sexa hábil, e de luns a venres.
Ribadeo, 2 de novembro de 2002.
José Carlos Rguez. Andina
Alcalde

