Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2002 Páx. 15.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O decreto do Consello da Xunta de Galicia 299/2001, do 15 de novembro de 2001, declarou

a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa polo Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de expropiación para a execución das conexións exteriores do equipamento administrativo en San Lázaro.

En cumprimento do establecido no artigo 52, consecuencias 4ª e seguintes da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e concordantes do seu regulamento, por esta Administración dispúxose que se proceda ó pagamento das cantidades sinaladas como depósitos previos e indemnizacións por urxente ocupación, así como á posterior e inmediata ocupación dos bens e dereitos relacionados a continuación, afectados pola expropiación a que se refire o epígrafe, nos días, as horas e o lugar que se indican a continuación.

Este edicto servirá de notificación, nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente ou ó trámite de información pública.

Lugar: Local Sociocultural A Muíña.

Núm. de

parc.

Propietario

Día

Hora

36Pérez Rozas, Manuel e López Otero, Rosa13 de novembro10 a 10.15

65-359Carollo Sarabia, Generosa13 de novembro10.15 a 10.30

66Otero Carollo, Blanca Nieves13 de novembro10.30 a 11

67-361Tello Santamartina, Cesáreo e Veiras Puente, Carmen13 de novembro11 a 11.15

68-362Carmen López Rodríguez13 de novembro11.15 a 11.30

69Otero Castelao, Gumersinda13 de novembro11.30 a 11.45

340Losada Sarabia, Pastora13 de novembro11.45 a 12

342Castiñeiras del Mª Dolores, José Manuel, María Luz e Ricardo Calvo Cobas13 de novembro12 a 12.15

344Losada Otero, María13 de novembro12.15 a 12.30

345Míguez Antelo, Leonor, María, Manuel, Juan, Celia, Antonio, Santiago, Enrique e María13 de novembro12.30 a 12.45

346Beiroa Míguez, Jorge e Beiroa Míguez, Carlos13 de novembro12.45 a 13

348Hros. de Castiñeiras Silveiro Luis e herdeiros de Moure Tallón Teodora14 de novembro10 a 10.15

349Míguez Beiras, María14 de novembro10.15 a 10.30

350Pedro Mirás Souto14 de novembro10.30 a 11

351Mato Varela, Segundo e Vázquez Antúñez, Mª Victoria14 de novembro10.30 a 11

352Caneda Antelo, José María e Fernández Domínguez, Mª de los Ángeles14 de novembro11 a 11.15

353Vieiro Segade, María14 de novembro11.15 a 11.30

355Míguez Zas, Mª Luz e Míguez Zas, Manuel14 de novembro11.30 a 11.45

356Míguez Beiras, Antonio14 de novembro11.45 a 12

357Lado Antelo, José e Bascoy Toledo, Manuela14 de novembro12 a 12.15

358César López, Julio e César López, Carmen14 de novembro10.30 a 11

360Otero Carollo, Blanca Nieves14 de novembro12.15 a 12.30

363Vázquez Otero, Ramón14 de novembro12.30 a 12.45

365Ferreiro Otero, Manuel e Rodríguez Martínez, Mercedes14 de novembro12.45 a 13

366Rey Rivadas, Agustín e herdeiros de López Quintela, Mª Dolores14 de novembro13 a 13.15

A este acto deberán acudir tódolos titulares dos bens e dereitos afectados, advertindo os interesados de que na data, a hora e lo ugar indicados deberán comparecer por si ou por medio de representante debidamente apoderado para actuar no seu nome, debendo achegar certificación rexistral ó seu favor

ou, no seu defecto, títulos xustificativos da súa propiedade completados pola certificación do Rexistro da Propiedade referida á mesma parcela descrita en tales títulos de que non está inscrita, e identificarse con documento nacional de identidade (irán acompañados dunha copia dos títulos orixinais e dunha copia do último recibo do imposto de bens inmobles para entregar nese momento). Poden asistir acompañados, se o consideran oportuno e pola súa conta, dos seus peritos ou dun notario.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde