O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 2 de setembro de 2002, adoptou entre outros o acordo de aprobar definitivamente o Plan Parcial 03-23-Baruxáns-B (Bembrive), promovido pola asociación de propietarios de terreos do PAU Baruxáns, e redactado polos arquitectos María Asunción Leboreiro Amaro e Javier Alonso Davila, na súa última versión, visada polo COAG no 23-2-2000, 14-7-2001 e no 24-7-2001. (Expediente 5823/411).
A propiedade deberá asumi-lo mantemento dos novos espacios libres e verdes cedidos ó concello. Para tal fin, os predios resultantes do proxecto de compensación quedarán afectos, na cota de participación correspondente, á carga real de conservación dos ditos espacios libres e zonas verdes de nova creación. Haberá tamén de constituírse unha entidade urbanística colaboradora de conservación.
De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio notifícase o acordo que nel se contén a tódolos/as propietarios/as afectados/as descoñecidos/as, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.
Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse o seguinte recurso:
A.-Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 30 de setembro de 2002.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

