Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2002 Páx. 15.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto reformado do de urbanización da UA Fraga (expediente 4396/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión do 7 de novembro de 2002 adoptou entre outros o acordo de aprobar inicialmente o proxecto reformado do de urbanización da unidade de actuación Fraga presentado pola xunta de compensación da mesma urbanización do ámbito dese polígono, redactado polos arquitectos Eduardo e Arturo Fraga Fernández, visado polo colexio profesional o 30 de setembro e o 21 de outubro de 2002.

Sométese este expediente ó tramite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o último anuncio.

A documentación do presente expediente está ó dispor do público en xeral na oficina de información urbanística, na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todas aquelas persoas propietarias ou interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou por ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificadas persoalmente.

Vigo, 7 de novembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo