Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 03 de decembro de 2002 Páx. 16.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2002 pola que se dispón a publicación da convocatoria de procesos selectivos para a provisión das prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público do exercicio de 2001.

Cumprido o acordo da Comisión de Goberno do día 28 de outubro de 2002, no que prestou aprobación ó texto íntegro das bases xerais e específicas da convocatoria pública para a provisión de prazas vacantes existentes no cadro de persoal e contidas na oferta de emprego público de 2001 e no exercicio das atribucións conferidas á alcaldía polo artigo 21.1º g) da Lei 7/1985 reguladora das bases de réxime local e artigo 41.14º a) do Real decreto 2586/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, dispoño a publicación da convocatoria pública de probas selectivas para a provisión das seguintes prazas vacantes reservadas a funcionarios contidas na oferta de emprego público 2001:

Dúas (2) de técnico da escala de Administración xeral, subescala técnica, integradas no grupo A. Sistema de selección: oposición libre.

Dúas (2) de administrativo da escala de Administración xeral, subescala administrativa, integradas no grupo C. Sistema de selección: 1 oposición libre e 1 promoción interna (concurso-oposición restrinxido).

Dúas (2) de auxiliar da escala de Administración xeral, subescala auxiliar, integradas no grupo D. Sistema de selección: 1 oposición libre e 1 promoción interna (concurso-oposición restrinxido).

Unha (1) de arquitecto técnico da escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio, integrada no grupo B, Sistema de selección: oposición libre.

Unha (1) de delineante da escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar, integrada no grupo C. Sistema de selección: oposición libre.

Unha (1) de oficial albanel da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios, categoría oficial, integrada no grupo D. Sistema de selección: promoción interna (concurso-oposición restrinxido).

Unha (1) de suboficial da escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, integrada no grupo C. Sistema de selección: promoción interna (concurso de méritos).

Unha (1) de cabo da escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, integrada no grupo D. Sistema de selección: promoción interna (concurso de méritos).

Tres (3) de bombeiro-conductor da escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase servicio de extinción de incendios, integrada no grupo D. Sistema de selección: oposición libre.

As probas selectivas convocadas rexeranse polas bases xerais e específicas nas que se sinalan os requisitos para o ingreso e os procedementos de selección, texto que se publicou no BOP número 217, do día 12 de novembro de 2002, computándose o prazo de 20 días naturais para a presentación de instancias a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos legais pertinentes.

Pontevedra, 15 de novembro de 2002.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Alcalde accidental