Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 03 de decembro de 2002 Páx. 16.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

BASES xerais que rexerán as convocatorias das prazas incluídas nas ofertas de emprego dos anos 2001 e 2002.

A Comisión de Goberno do Concello de Ribeira, en sesión que tivo lugar o 10 de outubro de 2002, aprobou as bases xerais que se transcriben integramente a continuación (que se complementarán coas correspondentes bases específicas para cada praza), para rexe-las convocatorias para a provisión en propiedade das prazas de funcionarios de carreira e de persoal laboral fixo incluídas nas ofertas de

emprego público deste concello correspondentes ós anos 2001 e 2002.

Tal e como se indica na base cuarta, as solicitudes para tomar parte nos respectivos procesos selectivos faranse mediante instancia que se presentará no rexistro xeral do concello (os días laborables das 9.30 ás 13.30 horas), durante o prazo de vinte días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no Boletín Oficial del Estado, logo da publicación íntegra das bases xerais e das específicas no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Bases xerais para rexe-las convocatorias para a provisión en propiedade das prazas de funcionarios de carreira e de persoal laboral fixo, incluídas nas ofertas de emprego público deste concello dos anos 2001 e 2002.

Primeira.-Obxecto.

É obxecto destas bases xerais, que se complementarán coas correspondentes bases específicas para cada praza, o nomeamento en propiedade como funcionarios de carreira ou a contratación laboral fixa (segundo proceda en cada caso) das prazas incluídas nas ofertas de emprego público deste concello correspondentes ó ano 2001 (aprobada por resolución da alcaldía do 11-10-2001, que se publicou no Boletín Oficial del Estado número 291, do 5 de decembro) e ó ano 2002 (aprobada por resolución da alcaldía do 27-6-2002, que se publicou no Boletín Oficial del Estado número 242, do 9 de outubro), que se relacionan na base segunda que segue a continuación, a través do proceso de selección que se sinalará nas bases específicas que se aproben para cada unha delas.

Segunda.-Natureza e características das prazas que se van convocar.

Nas respectivas bases específicas indicaranse as quendas de acceso (libre ou promoción interna) e o sistema de selección (concurso, oposición, ou concurso-oposición).

As prazas que se convocan son as que se especifican nos cadros que seguen a continuación:

I. Oferta de emprego de 2001:

A) Postos de traballo reservados a funcionarios de carreira.

GrupoClasificaciónVacantesDenominación

AEscala de administración xeral; subescala técnicaUnhaTécnico

BEscala de administración especial; subescala de servicios especiais; clase policía local e os seus auxiliaresUnhaOficial

BEscala de administración xeral; subescala xestiónUnhaTécnico xestión financeira

CEscala de administración xeral; subescala administrativaUnha Administrativo

DEscala de administración xeral; subescala auxiliarCincoAuxiliar administrativo

DEscala de administración especial; subescala de servicios especiais; clase policía local e os seus auxiliaresUnhaCabo

GrupoClasificaciónVacantesDenominación

DEscala de administración especial; subescala de servicios especiais; clase policía local e os seus auxiliaresTresGarda

EEscala de administración xeral; subescala subalternaUnhaSubalterno

EEscala de administración especial; subescala servicios especiaisDúasNotificador

B) Postos de traballo reservados a persoal en réxime laboral fixo.

Nivel de titulación esixidaDenominación do postoVacantes

Diplomatura universitariaProgramador de actividades culturaisUnha

Bacharelato ou formación profesional de 2º graoAxudante de programador de actividades culturaisUnha

Bacharelato ou formación profesional de 2º graoResponsable da oficina de información ó consumidorUnha

Graduado escolar ou formac. profesional de 1º graoAuxiliar administrativoUnha

Graduado escolar ou formac. profesional de 1º graoResponsable da oficina de información xuvenilUnha

Certificado escolaridadeConserxeSete

Grao medio de conservatorioProfesor de conservatorioTres

Grao medio de conservatorioProfesor de conservatorio (tempo parcial)Once

Certificado escolaridadeVixilante de lonxasUnha

Certificado escolaridadeLimpadoraUnha

Certificado escolaridadeLimpadora (tempo parcial)Unha

Certificado escolaridadeMatachínDúas

Certificado escolaridadeOficial de albaneleríaUnha

Certificado escolaridadeConductor-mecánicoDúas

Diplomatura universitariaAdestrador de atletismo (cadro de persoal do padroado deportivo municipal)Unha

II. Oferta de emprego de 2002:

A) Postos de traballo reservados a funcionarios de carreira.

GrupoClasificaciónVacantesDenominación

AEscala de administración especial; subescala técnica; clase superiorUnhaTécnico de medio ambiente

B) Postos de traballo reservados a persoal en réxime laboral fixo.

Nivel de titulación esixidaDenominación do postoVacantes

Formación profesional de ciclo superior en informática.Técnico en informáticaUnha

Certificado de escolaridadeMatachínUnha

Terceira.-Condicións dos aspirantes.

Para tomar parte nos correspondentes procesos selectivos que se convoquen ó abeiro destas bases xerais e as específicas que as complementen, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Nacionalidade:

a.1) Para as prazas de funcionarios (agás para as do corpo da policía local): ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea, do Reino de Noruega ou da República de Islandia.

Tamén poderán participa-los familiares dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea (calquera que sexa a súa nacionalidade) ou do Reino de Noruega ou da República de Islandia, que a continuación se relacionan:

-O seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito.

-Os seus descendentes e os do seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

Igualmente, poderán accede-las persoas incluídas no ámbito de aplicación doutros tratados internacionais subscritos pola Comunidade Europea e ratificados por España, nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

A perda da nacionalidade española ou a de calquera outro estado membro da Comunidade Europea determinará a perda da condición adquirida de funcionario, salvo que simultaneamente se adquira a nacionalidade doutro estado membro.

a.2) Para as prazas de funcionarios do corpo da policía local: ser español (de conformidade co sinalado no artigo 1.3º da Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Comunidade Europea, modificada pola Lei 55/1999, do 29 de decembro; estas prazas quedan reservadas para aspirantes de nacionalidade española, exclusivamente, por canto implican unha participación no exercicio do poder público, con funcións que teñen por obxecto a salvagarda dos intereses da Administración pública local).

a.3) Para as prazas de persoal laboral: ser de nacionalidade española ou dalgún dos estados membros da Unión Europea, así como do Reino de Noruega ou da República de Islandia. Tamén poderán participa-los estranxeiros que se atopen en España en situación de legalidade, sendo titulares dun documento que os habilite a residiren e a poderen acceder sen limitación ó mercado laboral. En consecuencia, poderán participa-los que estean en situación de residencia permanente, en situación de residencia temporal con permiso de traballo, ou con autorización para residir e traballar, así como os refuxiados.

b) Idade de ingreso:

b.1) Para as prazas de funcionarios (agás para as de gardas da policía local): ter cumpridos 18 anos de idade, e non exceder daquela na que falten menos de 10 anos para a xubilación forzosa por idade, determinada pola lexislación básica en materia de función pública.

b.2) Para as prazas de gardas de policía local: ter cumpridos 18 anos de idade e non supera-los 30.

b.3) Para as prazas de persoal laboral: ter cumpridos 18 anos de idade e non ter acadada a idade de xubilación.

Para os exclusivos efectos da idade máxima de ingreso como funcionarios de carreira, compensarase a antigüidade dos servicios que se estean prestando na Administración na data de presentación da solicitude, calquera que sexa a súa natureza.

O requisito de idade máxima non será de aplicación para acceder ás prazas que se convoquen para promoción interna.

c) Titulación:

Estar en posesión do título académico que se indique nas correspondentes bases específicas (ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias, por ter rematados definitivamente os correspondentes estudios para a súa consecución), que se deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente.

No caso de titulacións oficiais obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión (na mesma data do remate do prazo para presenta-las instancias) da credencial que acredite a súa homologación, expedida pola Subdirección Xeral de Títulos, Validacións e Homologacións, do Ministerio de Educación e Cultura.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo para o que se opta.

Para estes efectos, establécese a igualdade de condicións das persoas minusválidas cos demais aspirantes, e non se poden fixar, con carácter xeral, limitacións físicas ou psíquicas agás nos casos en que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente; o tribunal cualificador adoptará medidas e medios para a realización das probas, de forma que gocen de igualdade de oportunidades cos demais participantes.

e) A condición de minusvalidez, o seu grao e a súa compatibilidade acreditaranse con certificación expedida pola Consellería de Asuntos Sociais da Xunta de Galicia ou, de se-lo caso, polo organismo competente na materia.

f) Non estar incurso en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme a normativa vixente.

g) Non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado por sentencia xudicial firme para o exercicio das funcións públicas.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu estado de nacionalidade, o acceso á función pública.

h) No caso das prazas que se convocan para ingresar no corpo da policía local (oficial, cabo e gardas), os aspirantes que resulten aprobados e propostos para o seu nomeamento como funcionarios nos respectivos procesos selectivos que para o efecto se realicen deberán subscribir unha declaración xurada pola que se comprometan a portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas, de conformidade coa lexislación vixente.

Tódolos requisitos esixidos nesta base, así como os específicos que, se é o caso, se esixan para cada unha das prazas, os aspirantes deberán cumprilos con referencia á data en que remate o prazo de presentación de instancias, e mantelos ata o momento da toma de posesión ou do asinamento do contrato laboral, segundo a praza de que se trate.

Cuarta.-Presentación de solicitudes.

As solicitudes para tomar parte nos respectivos procesos selectivos faranse mediante instancia dirixida ó alcalde, no modelo normalizado que se facilitará no rexistro xeral do Concello de Ribeira.

As ditas solicitudes presentaranse no citado rexistro (os días laborables das 9.30 ás 13.30 horas) durante o prazo de vinte días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no Boletín Oficial del Estado, logo da publicación íntegra das bases xerais e das específicas no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Tamén se poderán presentar nalgunha das formas que determina o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; neste caso, os aspirantes deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias. Se conforme o mencionado precepto se presentasen as instancias a través das oficinas de correos, deberá aparece-lo selo de entrega na propia solicitude, pois doutro xeito a data de entrada no rexistro xeral do concello será a que se teña en conta para tódolos efectos.

Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan e acatan todas e cada unha das bases xerais e específicas de cada convocatoria.

Os aspirantes con algunha capacidade diminuída terán que indicalo na solicitude, xunto coa correspondente documentación acreditativa da minusvalidez. Así mesmo, terán que solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria.

Xunto coa solicitude para tomar parte nos procesos de selección, os interesados de nacionalidade española deberán achegar unha fotocopia do seu documento nacional de identidade.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e sexan nacionais dun estado membro da Unión Europea, do Reino de Noruega ou da República de Islandia, con dereito a participar nalgún proceso selectivo, deberán presentar unha fotocopia do pasaporte ou documento que acredite a súa identidade e nacionalidade. De se-lo caso, tamén presentarán os documentos que confirmen o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo dunha persoa nacional doutro estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar unha declaración xurada ou promesa da dita persoa de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, de se-lo caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou de que está ó seu cargo.

Os demais aspirantes estranxeiros, xunto coa fotocopia do seu pasaporte en vigor, deberán achegar copia do documento que acredite que están habilitados a residir e a poder acceder sen limitación ó mercado laboral en España.

Para o caso das prazas que se convoquen para cubrir a través dos procesos de selección de concurso ou de concurso-oposición, os aspirantes deberán achegar, xunto coa solicitude para tomar parte nos respectivos procesos selectivos, unha relación dos méritos que aleguen para a súa valoración na fase do concurso, que necesaria e imprescindiblemente terá que ir xunto

coa documentación orixinal (ou fotocopia autenticada) acreditativa deles, pois non se terán en conta nin serán valorados aqueles méritos que non estean acreditados suficientemente do xeito indicado nin no momento de remata-lo prazo de presentación das instancias.

A xustificación da experiencia profesional realizarase mediante informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. O dito informe presentarase xunto cun certificado de empresa no modelo oficial do Instituto Nacional de Emprego, dunha copia do contrato (dilixenciado pola oficina de emprego), dunha certificación da empresa, ou de calquera outro certificado ou documento oficial que acredite, de xeito fidedigno, o tempo traballado e a categoría profesional desempeñada.

Para que teñan validez, os documentos que se presenten deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou castelán). No caso de se tratar de documentos expedidos noutras comunidades autónomas do Estado español, para que teñan validez deberán estar redactados na lingua castelá ou traducidos polo organismo competente da respectiva comunidade. Se se trata de documentos expedidos nun país estranxeiro, deberán estar debidamente traducidos e validados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente.

Coa solicitude e, se é o caso, demais documentación que se presente, achegarase xustificante acreditativo de ter ingresada na Tesourería municipal a cantidade que se indica a continuación por cada proceso selectivo ó que se opte, en concepto de matrícula. O dito importe poderase facer efectivo ben directamente na Tesourería municipal ou ben mediante xiro postal ou telegráfico a favor do Concello de Ribeira, ou mesmo por transferencia bancaria (Caixa Galicia; oficina urbana número 1 da rúa Otero Pedrayo, de Ribeira; conta corrente número 2091-0373-96-3110000018).

O importe da matrícula será devolto unicamente no caso de que o aspirante non sexa admitido ó proceso de selección por falta dos requisitos esixidos para participar nel ou por presenta-la solicitude fóra de prazo. A cantidade aboada devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos polas causas antes indicadas, que o soliciten no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da lista definitiva de admitidos e excluídos no BOP da Coruña.

As cantidades que se establecen en concepto de matrícula son as seguintes:

a) Para as prazas de funcionarios do grupo A e para as de persoal laboral ás que se esixa un nivel de titulación académica equivalente: 18,03 euros.

b) Para as prazas de funcionarios do grupo B e para as de persoal laboral ás que se esixa un nivel de titulación académica equivalente: 15,03 euros.

c) Para as prazas de funcionarios do grupo C e para as de persoal laboral ás que se esixa un nivel de titulación académica equivalente: 12,02 euros.

d) Para as prazas de funcionarios do grupo D e para as de persoal laboral ás que se esixa un nivel de titulación académica equivalente: 9,02 euros.

e) Para as prazas de funcionarios do grupo E e para as de persoal laboral ás que se esixa un nivel de titulación académica equivalente: 6,01 euros.

Quinta.-Admisión dos aspirantes.

Para seren admitidos e poderen tomar parte nas probas selectivas que teñan lugar, bastará con que os aspirantes manifesten nas instancias que presenten (modelo normalizado) que reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base terceira destas xerais e nos que, se é o caso, se fixen nas bases específicas da praza á que optan, así como a se comprometeren a prestar xuramento ou promesa na forma establecida no Real decreto 707/1979, do 5 de abril, no caso de seren nomeados.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará as resolucións aprobando as listas provisionais de aspirantes admitidos e excluídos (neste segundo caso con indicación das causas que dean lugar á exclusión) a cada proceso selectivo, que se farán públicas a través de anuncio que se colocará, exclusivamente, no taboleiro de anuncios da casa do concello e outro de igual teor que se publicará no BOP da Coruña.

A inclusión dos aspirantes nas listas de admitidos non supón, en ningún caso, o recoñecemento por parte desta Administración municipal, de que aqueles reúnen os requisitos esixidos para seren nomeados como funcionarios de carreira ou para a súa contratación laboral fixa, requisitos que se deberán acreditar segundo o establecido na base novena destas xerais.

Concederase un prazo de dez días para a presentación de reclamacións ou emenda de erros, na forma establecida no artigo 71 da xa citada Lei de procedemento administrativo.

A presentación de reclamacións, se é o caso, non suspenderá o proceso selectivo, salvo que así o acorde a alcaldía.

Unha vez transcorrido o dito prazo para emendas e reclamacións, o alcalde dictará as resolucións polas que se aproben as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos (que levará implícita a estimación ou desestimación das presentadas polos interesados, segundo o caso), e que se publicarán, igualmente, a través de anuncio no taboleiro de anuncios da casa do concello, e doutro que se publicará no BOP da Coruña.

Contra a devandita resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a alcaldía no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación no mencionado boletín oficial, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.1º a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º a) do mesmo texto legal.

Sexta.-Tribunais cualificadores.

Agás que nas respectivas bases específicas se indique outra cousa, os tribunais cualificadores que xul

garán os correspondentes procesos selectivos estarán integrados do xeito que se recolle a continuación:

Presidente: o alcalde ou quen legalmente o substitúa, ou membro da corporación en quen delegue.

Vocais:

-Un membro da corporación, que designará a alcaldía.

-Un representante da Comunidade Autónoma, que designará o órgano competente da Xunta de Galicia.

-O xefe do respectivo servicio municipal ou, no seu defecto, un experto, que designará a alcaldía de entre o persoal (funcionario ou laboral, indistintamente) ó servicio da corporación.

-Un representante dos funcionarios ó servicio da corporación, que designará a xunta de persoal (no caso de prazas do cadro de persoal funcionario).

-Un representante dos traballadores laborais ó servicio da corporación, que designará o comité de empresa (no caso de prazas do cadro de persoal laboral).

Secretario: o da corporación ou quen legalmente o substitúa, ou funcionario da corporación en quen delegue, pertencente á escala de administración xeral.

Designaranse suplentes para cada un dos membros que integren os tribunais.

A súa composición farase pública nas mesmas resolucións da alcaldía polas que se aproben as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos a cada proceso selectivo, e faranse públicas a través de anuncio que se colocará no taboleiro de anuncios da casa do concello, e outro de igual teor que se publicará no BOP da Coruña.

Tódolos vocais dos respectivos tribunais cualificadores deberán ter nivel de titulación académica ou de especialización profesional igual ou superior á esixida para o acceso ás prazas obxecto de cada convocatoria.

Os membros de cada tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de procedemento administrativo citada, ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes para probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación das convocatorias.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incursos nas circunstancias de abstención previstas no parágrafo anterior. No caso de que se nomeen novos membros do tribunal que substitúan os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas, a autoridade convocante publicará resolución (no BOP da provincia e no taboleiro de anuncios da casa do concello) coa súa nova constitución.

Igualmente, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal das prazas a que aspiran, en calquera momento da tramitación do expediente, cando concorra algunha das circunstancias a que se refire o parágrafo anterior, do xeito establecido no artigo 29 da mencionada Lei de procedemento administrativo.

Ningún tribunal poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros (sexan titulares ou suplentes, indistintamente). En todo caso, será precisa a asistencia do presidente e do secretario, ou quen os substitúa.

Tódolos membros dos tribunais cualificadores que se formen para xulga-las respectivas probas selectivas actuarán con voz e voto.

As decisións dos tribunais cualificadores adoptaranse por maioría de votos dos membros presentes, resolvendo, en caso de empate, o voto de calidade do seu presidente.

Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación de asesores e especialistas para as probas que consideren pertinentes, e estes, que actuarán con voz pero sen voto, limitaranse unicamente ó exercicio das súas especialidades técnicas, conforme as que, exclusivamente, colaborarán co órgano de selección.

Tódolos tribunais cualificadores quedan autorizados para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo o non previsto nestas bases xerais e nas específicas de cada praza.

Para os efectos de percepción de axudas de custos por asistencias por parte dos membros concorrentes ás sesións que realicen cada un dos tribunais cualificadores, observarase o disposto nos artigos 29 e seguintes do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servicio.

Sétima.-Desenvolvemento dos procesos selectivos.

Nas mesmas resolucións polas que se aproben as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos e se faga pública a constitución definitiva dos tribunais cualificadores, sinalarase o lugar, a data e a hora para o inicio do proceso selectivo previsto nas respectivas bases específicas. Estas resolucións faranse públicas, exclusivamente, por medio do taboleiro de anuncios da casa do concello e do BOP da Coruña.

Nas bases específicas que completen estas bases xerais concretarase o sistema de selección, así como a súa forma de desenvolvemento, o contido de cada proba, e o sistema de cualificación das distintas fases e exercicios.

Naqueles procesos selectivos que se prevexan realizar polo sistema de concurso-oposición, a fase de concurso será previa á fase de oposición; a dita primeira fase non terá carácter eliminatorio nin se terá en conta o seu resultado para supera-las probas e os exercicios previstos para a fase de oposición.

Nos procesos de selección nos que se prevexa fase de concurso, esta valorarase de acordo co baremo de méritos que se recolla nas bases específicas de cada praza.

Naqueles casos en que o consideren oportuno, os tribunais poderán solicitar dos interesados que completen ou aclaren a documentación xa presentada para xustifica-los méritos alegados no momento de presenta-la solicitude de admisión, pero non pedir nova documentación para que acrediten méritos que só foron alegados e non acreditados.

En tódolos procesos nos que o sistema de selección sexa o de concurso-oposición, a valoración da fase de concurso non suporá, con relación ás probas selectivas, máis dun 40% da puntuación máxima alcanzable na fase de oposición.

As fases de oposición constarán das probas e exercicios que se recollan nas respectivas bases específicas, e valoraranse do xeito que nelas se detalle.

Tódalas probas e exercicios que se prevexán realizar nos respectivos procesos selectivos, tanto orais coma escritos ou de carácter práctico, se realizarán nas linguas oficiais castelá ou galega, indistintamente.

Os exercicios escritos que consistan en desenvolver temas ou casos prácticos relacionados cos programas recollidos nas bases específicas deberán ser lidos polos aspirantes, se así o acordase o respectivo tribunal cualificador, tendo este a facultade de dialogar con aqueles, ó remate da lectura, co fin de determina-los seus coñecementos sobre o contido do exposto, durante un tempo máximo de dez minutos por cada exercicio. O acto da lectura, que se realizará en sesión pública, será de asistencia obrigatoria para os opositores, sendo excluídos os que non comparezan sen causa xustificada libremente apreciada polo tribunal cualificador.

A cualificación dos exercicios realizados por cada opositor será o resultado da media aritmética das puntuacións outorgadas por tódolos membros do tribunal presentes.

Para a realización de cada un dos exercicios das fases de oposición, os aspirantes serán convocados en chamamento único, sendo excluídos do respectivo proceso selectivo quen non comparezan, salvo os casos debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal cualificador.

Os aspirantes deberán acredita-la súa identidade coa exhibición do documento nacional de identidade, pasaporte, permiso de conducción ou calquera outro documento oficial fidedigno, en calquera momento en que sexan requiridos polo tribunal cualificador.

Se durante o desenvolvemento dalgún proceso selectivo convocado ó abeiro destas bases chegase a coñecemento do respectivo tribunal cualificador que algún dos aspirantes carece de calquera dos requisitos esixidos, procederá inmediatamente a poñelo en coñecemento do órgano que convocou o proceso de selección para que este resolva a exclusión, se é o caso, logo de audiencia do interesado.

A publicación dos resultados obtidos na fase de concurso e en cada unha das demais probas e exercicios da fase de oposición, así como os anuncios convocando os aspirantes para a realización de cada proba ou exercicio, farase, exclusivamente, no taboleiro de anuncios da casa do concello.

Para o caso dos aspirantes que non acaden a puntuación mínima establecida para cada exercicio nas bases específicas correspondentes, bastará con publica-la súa cualificación como non apto.

En cada proceso selectivo, entre o remate dunha proba (agás do concurso, naqueles casos en que este se prevexa realizar) e o comezo da seguinte deberán transcorrer, alomenos, 72 horas, sen exceder de 45 días naturais. Cando o tribunal cualificador o considere conveniente, e logo de conformidade manifestada por tódolos aspirantes afectados, poderase acorda-la realización de varios exercicios nunha mesma xornada (concedéndolles ós opositores un descanso

mínimo de 30 minutos entre a realización deles), ou na xornada seguinte (deixando transcorrer un prazo mínimo de 12 horas).

Oitava.-Publicación da relación dos aspirantes aprobados, e proposta de nomeamento.

Concluída a cualificación final de cada proceso selectivo, o respectivo tribunal publicará no taboleiro de anuncios da casa do concello, exclusivamente, a relación dos aspirantes aprobados, clasificados por orde decrecente da puntuación total final (que estará determinada pola suma dos puntos obtidos na fase do concurso, de existir, máis en cada un dos exercicios da fase da oposición), con especificación dela, e elevará a correspondente proposta de nomeamento para a toma de posesión ou da contratación (segundo as prazas de que se traten) a favor dos aspirantes que obtivesen a puntuación máis alta.

Os tribunais cualificadores non poderán facer proposta de nomeamento para a toma de posesión ou para a contratación (segundo o cadro de persoal ó que pertenza o proceso selectivo) a favor dun número de aspirantes superior ó das prazas convocadas; será nula aquela proposta que conteña un número superior de aspirantes propostos.

De se producir empate na puntuación total final, para dirimilo teranse en conta as puntuacións parciais acadadas no proceso selectivo, pola orde de preferencia seguinte: en primeiro lugar, a puntuación total da fase de oposición, e a continuación a da fase de concurso (de existir esta); e de persisti-lo empate, as puntuacións obtidas en cada epígrafe e subepígrafe, pola orde de prelación en que se recollan nas respectivas fases, ata que o empate se resolva (tendo en conta que sempre se primará a fase de oposición sobre a de concurso, e que non se terán en conta aquelas probas que se cualifiquen como apto ou non apto). De persisti-lo empate, resolverase por sorteo público.

No suposto de que algún aspirante que fose nomeado para a toma de posesión como funcionario de carreira ou para a contratación laboral fixa (segundo a praza de que se trate) non chegase a tomar posesión do posto de traballo, ben por renuncia voluntaria, por falecemento, por non cumpri-los requisitos esixidos nas bases, ou por outras circunstancias, o correspondente tribunal cualificador formulará a proposta a favor do seguinte aspirante aprobado ou, sucesivamente, do que figure a continuación, ata cubri-la praza, por rigorosa orde de puntuación total final.

Novena.-Presentación de documentos.

Cada un dos aspirantes propostos para o nomeamento como funcionario de carreira ou para a contratación como persoal laboral fixo (segundo a praza de que se trate) presentarán na secretaría xeral do concello, no prazo de vinte días naturais (contado a partir da publicación do resultado da selección, do xeito indicado na base anterior) os documentos que acrediten que cumpren todos e cada un dos requisitos esixidos, conforme o establecido na base terceira destas bases xerais e nas específicas de cada praza, no

caso de que non fosen xa presentados xunto coa solicitude para tomar parte no respectivo proceso selectivo.

Se algún dos aspirantes propostos tivese a condición de funcionario público ou de traballador laboral fixo ó servicio de calquera das administracións públicas, estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións ou requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo, neste caso, presentar certificado do organismo do que dependa, no que se acredite a súa condición e cantas circunstancias consten na súa folla de servicios.

Se dentro do prazo indicado, salvo casos de forza maior, os aspirantes propostos non presentasen a súa documentación ou non acreditasen reuni-los requisitos esixidos, non se poderá proceder ó seu nomeamento, e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen ter incorrido por falsidade na súa instancia ou na documentación presentada para tomaren parte neste proceso selectivo.

Décima.-Nomeamento.

Unha vez presentada a documentación a que se refire o punto anterior, o órgano competente da corporación acordará os nomeamentos como funcionarios de carreira ou como persoal laboral fixo (segundo as prazas de que se traten) a favor dos aspirantes propostos polos respectivos tribunais cualificadores.

Serán nulos os nomeamentos que se efectúen a favor de aspirantes que estean incursos en causas de incapacidade específica conforme a normativa vixente.

Décimo primeira.-Toma de posesión ou formalización de contrato.

A toma de posesión como funcionario de carreira ou o asinamento do contrato como persoal laboral fixo (segundo a praza de que se trate) terá lugar dentro do prazo de vinte días naturais, contado desde a data de notificación do acordo de nomeamento. Quen no prazo indicado non tome posesión ou non formalice o contrato sen causa xustificada quedará na situación de cesante, con perda de tódolos dereitos derivados da convocatoria e do nomeamento conferido.

En ámbolos dous casos (funcionarios e persoal laboral), os aspirantes deberán subscribi-la declaración a que se refire o artigo 13.1º do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, sobre incompatibilidades, no momento da toma de posesión ou do asinamento do contrato.

No acto da toma de posesión, os aspirantes nomeados como funcionarios de carreira deberán prestar xuramento ou promesa na forma establecida no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

Mentres non se formalicen as respectivas tomas de posesión ou asinamentos dos contratos e non se incorporen ós respectivos postos de traballo, os aspirantes non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.

As persoas contratadas e que tomaron posesión estarán obrigadas a presta-la súa xornada de traballo na medida e forma requiridas polo interese e necesidades

do respectivo servicio, con horario de mañá, de tarde ou de noite, con horario continuado ou fraccionado, segundo cada praza específica, e de acordo coa lexislación aplicable.

Décimo segunda.-Períodos de prácticas e de proba.

No que se refire ó nomeamento e posterior toma de posesión como funcionarios de carreira dos aspirantes ás prazas convocadas para acceder ó corpo da policía local, observarase o previsto nas súas respectivas bases específicas, en relación a supera-lo correspondente curso de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

Os contratos laborais que se formalicen quedarán sometidos a un período de proba, do xeito e coa duración que se regula no artigo 14 do texto refundido do Estatuto dos traballadores ou disposición que sexa de aplicación.

Décimo terceira.-Substitucións para o caso de se produciren vacantes.

Para o caso de que algunha das prazas xa cubertas dos cadros de persoal do concello, tanto das reservadas a funcionarios como a laborais, quedase definitivamente vacante por algunha circunstancia, así como para as substitucións temporais con reserva de praza a favor do titular do posto de traballo, o órgano competente desta Administración municipal poderá outorgar nomeamento interino ou de contratación laboral temporal (segundo a praza de que se trate) a favor dos aspirantes que superaron tódalas fases dos procesos selectivos convocados (de igual categoría e especialización profesional/laboral que a praza vacante que se vai cubrir temporalmente) ó abeiro destas bases xerais e das específicas que as complementan e que non acadaron praza definitiva, de maneira consecutiva e por estricta orde correlativa de puntuación total final, do xeito en que figure na lista definitiva de aspirantes aprobados á que se fai referencia na base oitava.

A orde de selección dos aspirantes incluídos nas listas irase modificando cos conseguintes nomeamentos e contratacións, de acordo coas seguintes regras:

a) Se o aspirante chamado non puidese ser nomeado por causa debidamente xustificada e discrecionalmente apreciada polo órgano competente desta Administración, conservará a súa orde de prelación na lista; en caso contrario, será excluído dela.

b) Se calquera dos integrantes da lista renunciase a formar parte dela, ou unha vez nomeado renunciase, fose separado do servicio por sanción disciplinaria e/ou por despedimento declarado procedente, será excluído da lista.

c) Se unha vez nomeado e contratado un aspirante ó abeiro desta base, o tempo traballado fose inferior a un ano, retornará ó posto que ocupaba na orde de prelación da lista no momento de ser chamado; se o período de nomeamento ou contratación fose igual ou superior a un ano, pasará a ocupa-lo último lugar da lista.

A aplicación dos criterios que se conteñen nesta base realizarase para aqueles postos de traballo de igual categoría profesional e/ou laboral que os convocados ó abeiro destas bases xerais e das específicas que as complementan.

En razón da urxencia das substitucións, queda facultada a alcaldía para realiza-los nomeamentos temporais a que se refire esta base.

Esta base terá vixencia mentres non se leve a cabo outra convocatoria na que se desenvolva unha nova oferta de emprego para postos de igual categoría, perdendo validez, neste caso, as listas que ata entón estivesen vixentes, pero sen que isto afecte o persoal nomeado en virtude delas e durante a súa vixencia.

Non obstante todo o anterior, o órgano competente da corporación poderá optar pola aprobación de bases específicas e a realización das pertinentes probas selectivas para a cobertura temporal daquelas prazas que así o considere.

Normas derradeiras

Primeira.-Para todo o non previsto nestas bases xerais e nas específicas, ou naquilo que as contradigan, será de aplicación supletoria o establecido na Lei reguladora das bases de réxime local, no texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, na Lei de Administración local de Galicia, na Lei de medidas para a reforma da función pública, na Lei da función pública de Galicia, no Real decreto 896/1991 (sobre regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local), no Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, no Real decreto 364/1995 (polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración do Estado), e nas demais lexislación vixente que sexa de aplicación.

Segunda.-Agás as convocatorias (que se publicarán segundo se establece na base terceira, e as resolucións polas que se aproben as listas de aspirantes, a composición dos tribunais e o sinalamento das datas para o inicio dos respectivos procesos selectivos (que se publicarán segundo se recolle nas bases quinta, sexta e sétima, os sucesivos actos e comunicacións que se deriven da realización deste proceso selectivo faranse públicos, exclusivamente, a través do taboleiro de anuncios da casa do concello.

Terceira.-Tódolos actos administrativos derivados desta convocatoria, así como das actuacións dos tribunais cualificadores, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei de procedemento administrativo e normas vixentes concordantes.

A presentación de reclamacións non suspenderá a prosecución do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante del.

Cuarta.-Contra estas bases e a resolución que as aproba, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do Concello de Ribeira no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da última publicación delas no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de

dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.1º a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º a) do mesmo texto legal.

No caso de interpoñe-lo recurso de reposición, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Neste último suposto, o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses contado desde o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Todo iso sen prexuízo de que poida exercer calquera outro que se considere procedente.

Ribeira, 22 de outubro de 2002.

José Luis Torres Colomer

Alcalde

María Sieira Ríos

Secretaria accidental