O Pleno do Concello de San Cibrao das Viñas, en sesión extraordinaria celebrada con data do 12 de novembro de 2002, por maioría absoluta do número legal de membros da corporación, por sete votos a favor e catro abstencións, acordou:
Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de San Cibrao das Viñas redactado polo equipo técnico Ingeniería del Atlántico, S.A.
Segundo.-Abrir un período de información pública por prazo de corenta días hábiles, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, BOP, se é o caso, e publicación nun dos diarios de maior circulación desta última, co fin de que durante o dito prazo, a contar desde o día seguinte ó da ultima publicación, calquera persoa ou entidade interesada poida examina-lo documento inicialmente aprobado e presenta-las alegacións que estime conveniente.
Terceiro.-Suspende-lo outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición por un período máximo dun ano, as cales se extinguirán, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan nos terreos afectados pola modificación e da que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente. A suspensión afectará a tódalas zonas do termo municipal relacionadas no anexo de conformidade co informe subscrito polo arquitecto municipal con data 31-10-2002.
ANEXO I
Áreas afectadas pola suspensión de licencias pola aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de San Cibrao das Viñas
A suspensión temporal de licencias que a aprobación inicial do PXOM implica, segundo o indicado no artigo 34, punto 2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, afecta as seguintes áreas das vixentes normas subsidiarias de planeamento municipal:
-En solo urbano:
Áreas de aplicación da ordenanza 1ª zona antiga: núcleo de San Cibrao das Viñas, núcleo de Reboredo.
Áreas de aplicación da ordenanza 2ª residencial arrimada en ringleira: núcleo de Reboredo, núcleo do Piñeiral.
Áreas de aplicación da ordenanza 3ª residencial unifamiliar mixta: núcleo de Reboredo, núcleo de Ponte Noalla.
Áreas de aplicación da ordenanza 4ª residencial unifamiliar illada: núcleo de San Cibrao das Viñas, núcleo de Reboredo, núcleo do Piñeiral, núcleo de Ponte Noalla.
Áreas de aplicación da ordenanza 5ª solo urbano de núcleo rural: núcleo de Castroverde, núcleo de Calvos, núcleo de Montelongo de Arriba, núcleo de Currás, núcleo de Laxe, núcleo de Facheiros, núcleo de Outeiro, núcleo de Rego, núcleo de Penedo, núcleo de Belmonte, núcleo de Baliñas, núcleo de Pazos de Soutopenedo, núcleo de Serral, núcleo de Carballo, núcleo de Soutopenedo (A Igrexa), núcleo de Rante, núcleo de Santa Cruz, núcleo da Castellana, núcleo de Vilanova, núcleo de Pazos de San Clodio, núcleo de Mioteira, núcleo de Carballeira.
Áreas de aplicación da ordenanza 7ª equipamentos:
Na totalidade do ámbito de aplicación desta ordenanza.
Áreas de aplicación da ordenanza 8ª zonas verdes:
Na totalidade do ámbito de aplicación desta ordenanza.
-En solo apto para urbanizar:
Área A solo apto para urbanizar uso residencial:
Na totalidade do ámbito de aplicación desta ordenanza, a excepción dos sectores A1, A2, A3, A4, A5 e A6.
Área B solo apto para urbanizar uso terciario:
Na totalidade do ámbito de aplicación desta ordenanza, a excepción do sector B1.
Área C solo apto para urbanizar uso residencial:
Na totalidade do ámbito de aplicación desta ordenanza.
Área D solo apto para urbanizar uso residencial:
Na totalidade do ámbito de aplicación desta ordenanza, a excepción do sector D1.
Área E solo apto para urbanizar uso residencial:
Na totalidade do ámbito de aplicación desta ordenanza, a excepción do sector E1, plan parcial A Mora.
-En solo non urbanizable sen protección:
Áreas de aplicación da ordenanza correspondiente a solo non urbanizable de núcleo rural:
Núcleo da Farixa, núcleo de Cruz de Rande, núcleo de Outeiro Calvo, núcleo de Vilanova, núcleo de Penedo, núcleo da Venda, núcleo de Serra, núcleo de Carballo, núcleo de Soutopenedo (A Igrexa), núcleo de Laxe, núcleo de Facheiros, núcleo de Rego, núcleo de Outeiro, núcleo de Pazos de Soutopenedo, núcleo de Currás, núcleo de Infesta, núcleo de Pazo, núcleo de Santa Comba, núcleo de Casdemendo, núcleo de Rante, núcleo de Rante (A Igrexa), núcleo de Noalla de Arriba, núcleo de Noalla de Abaixo, núcleo de Santa Marta, núcleo de Picouto, núcleo de Belmonte, núcleo de Pazos de San Clodio, núcleo de Baliñas, núcleo de Mioteira, núcleo de Carballeira, núcleo de Santa Cruz, núcleo de Calvos, núcleo de Castroverde, núcleo da Castellana, núcleo de Montelongo de Arriba, núcleo de Piñeiral de Abaixo, núcleo de Muíño do Camba.
Áreas de aplicación da ordenanza correspondente a solo non urbanizable en réxime normal:
Na totalidade do ámbito de aplicación desta ordenanza.
Áreas de aplicación da ordenanza correspondente a solo non urbanizable adscrito a núcleo:
Núcleo de Rante, núcleo de Penedo, núcleo de Pazos de Soutopenedo, núcleo de Montelongo de Arriba, núcleo de Currás, núcleo de Infesta, núcleo de Pazo, núcleo de Casdemendo, núcleo de Santa Comba, núcleo de Ponte Noalla, núcleo da Castellana, núcleo de Santa Cruz, núcleo de Misteira, núcleo de Carballeira, núcleo de Pazos de San Clodio, núcleo de Picouto, núcleo de Belmonte, áerea arredor da igrexa parroquial de Santa Cruz de Rábeda, ó sureste do polígono industrial.
Áreas de aplicación da ordenanza correspondente a solo non urbanizable de aproveitamentos extractivos:
Na totalidade do ámbito de aplicación desta ordenanza.
-En solo non urbanizable protexido:
Áreas de aplicación da ordenanza correspondente a solo non urbanizable de aproveitamento agrícola:
Na totalidade do ámbito de aplicación desta ordenanza.
Áreas de aplicación da ordenanza correspondente a solo non urbanizable de protección forestal:
Na totalidade do ámbito de aplicación desta ordenanza.
Áreas de aplicación da ordenanza correspondente a solo non urbanizable de protección fluvial e vexetación de ribeira:
Na totalidade do ámbito de aplicación desta ordenanza.
Áreas de aplicación da ordenanza correspondente a solo non urbanizable de protección do patrimonio:
Na totalidade do ámbito de aplicación desta ordenanza.
Áreas de aplicación da ordenanza correspondente a solo non urbanizable de protección de estradas:
Na totalidade do ámbito de aplicación desta ordenanza.
Áreas de aplicación da ordenanza correspondente a solo non urbanizable de protección da rede ferroviaria:
Na totalidade do ámbito de aplicación desta ordenanza.
ANEXO II
A exposición pública farase no Centro Social de San Cibrao das Viñas
Praza da Constitución s/n (ó lado da casa do concello).
San Cibrao das Viñas, 20 de novembro de 2002.
Elisa Nogueira Méndez
Alcaldesa

