Aprobados inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 24 de outubro de 2002, o proxecto técnico para a contratación da obra de equipamento interior y finalización de obra do Centro Residencia da Terceira Idade, redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla, queda exposto ó público na secretaría deste concello, durante o prazo de quince días hábiles, que empezarán a contarse desde o día seguinte ó da inserción do presente edicto no BOP, para efectos de exame e reclamacións.
Na mesma sesión tamén se aprobaron os pregos de cláusulas administrativas que rexerá o citado concurso público por procedemento aberto da citada contratación, expoñéndose ó público por un prazo de oito días hábiles, para efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegacións que consideren oportunas.
Pola súa vez convócase licitación pública para a adxudicación da citada obra, que quedaría aprazada no suposto de presentarse reclamacións ó proxecto técnico ou ó prego de bases, restablecéndose o que reste a partir do día seguinte da resolución delas.
Obxecto: contratación mediante concurso polo procedemento aberto da obra de equipamento interior y finalización de obra del Centro Residencia de la Tercera Edad.
Tipo de licitación: é o seguinte: 108.184 euros.
Prazo de execución: 3 meses desde a notificación da adxudicación.
Garantía: a provisional establécense en 2.163,68 euros. A definitiva será igual ó 4% do importe da adxudicación.
Presentación de proposicións: presentaranse na secretaría do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.
Apertura de plicas: terán lugar ás nove horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que termine o prazo de presentación de proposicións. Se este fose sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Criterios de adxudicación: serán os fixados na correspondente cláusula do prego de condicións.
Modelo de proposición: o recollido na correspondente cláusula dos pregos de condicións.
Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición e en sobre pechado os documentos que se indican na referida cláusula.
Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos dos anuncios así como tódolos derivados do contrato.
Vila de Cruces, 30 de outubro de 2002.
O alcalde-presidente
Rubricado

