Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 03 de decembro de 2002 Páx. 16.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: contratación do seguro de accidentes dos funcionarios e persoal laboral da Deputación Provincial da Coruña.

Orzamento: 90.151,82 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: desde as cero horas do día 1 de xaneiro de 2003 ata as vintecatro horas do día 31 de decembro de 2004. O dito prazo poderá prorrogarse por outros dous anos máis.

Garantías.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Clasificación: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Anuncio extenso: BOP.

Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 22 de novembro de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente

Luis Jaime Rodríguez Fernández

Secretario accidental