Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.401

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

DECRETO 348/2002, do 13 de decembro, polo que se modifica o Decreto 424/1993, do 17 de decembro, que aproba o Regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia.

A Lei 6/1993, de pesca de Galicia, no seu artigo 22, dispón que lle corresponde á Xunta de Galicia establecer, entre outras, as normas relativas ás artes de pesca, aparellos e utensilios autorizados para exerce-la pesca e o marisqueo, así como as limitacións no seu número. Pola súa banda, o artigo 23 reserva á Administración autonómica as competencias para establece-las normas sobre a tonelaxe das embarcacións, a potencia dos seus motores ou o tipo de unidades de explotación.

O Decreto 424/1993, do 17 de decembro, aprobou o Regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia para desenvolver aqueles aspectos previstos na Lei de pesca. Desde a súa entrada en vigor, foi publicado o Regulamento comunitario CEE 850/1998, do Consello, do 30 de marzo, para a conservación dos recursos pesqueiros a través de medidas técnicas de protección dos xuvenís de organismos mariños, que veu establecer novas características para algunhas artes de pesca. Do mesmo xeito, a Administración xeral do Estado aprobou o Real decreto 410/2001, do 20 de abril, que regula a pesca con artes fixas no caladoiro nacional do Cantábrico e Noroeste, en desenvolvemento da Lei 3/2001, de pesca marítima do Estado. Neste real decreto establécense as características técnicas das embarcacións que se dedican á pesca con artes menores, isto é, cuestións relativas á potencia dos motores e a eslora máxima das embarcacións. É, polo tanto, necesario proceder a unha

adaptación de determinados aspectos da nosa normativa a estas disposicións comunitarias e estatais co fin de homoxeneiza-las condicións da actividade pesqueira.

Mediante o Decreto autonómico 294/1998, do 8 de outubro, adicionouse un artigo ó Decreto 424/1993, do 17 de decembro, que permitía, suspendendo transitoriamente a aplicación dos preceptos reguladores dalgunha modalidade de pesca, a confección de plans experimentais, para o estudio de medidas de explotación dos recursos mariños co obxectivo de acada-lo rendemento máximo sostible.

En aplicación dese precepto foron aprobados, entre outros, os plans experimentais de enmalle e o de captura de polbo con nasa, en función dos cales e dos seus resultados se puxo de manifesto a conveniencia de modificación do regulamento desas artes de pesca e a homoxenización das regulamentacións existentes para o seu uso nos distintos ámbitos competenciais.

Por outra parte, as comunidades autónomas do litoral Cantábrico-Noroeste chegaron a unha serie de acordos cos que se pretende establecer medidas

similares reguladoras da actividade pesqueira e axustadas ó Real decreto 410/2001, do 20 de abril.

Polo exposto, por proposta do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de decembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo Primeiro1º.-Modifícase a rúbrica do capítulo III do título I e os artigos 8, 11, 20.2º, 32, 33, 70 e 102 do Regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia, aprobado polo Decreto 424/1993, do 17 de decembro, que terán a redacción prevista nos parágrafos seguintes:

Un. Modifícase a rúbrica do capítulo III do título I que quedará redactada nos seguintes termos:

«Características técnicas das embarcacións».

Dous. Modifícase o artigo 8º que terá a seguinte redacción:

«Artigo 8º

1. Para poder exerce-la actividade pesqueira as embarcacións de nova construcción deberán ter un arqueo mínimo de 1,5 GT e a eslora total mínima será de 5 metros.

2. A eslora máxima das embarcacións dedicadas ó exercicio da pesca con artes menores non poderá supera-los 15 metros de eslora entre perpendiculares ou os 18 metros de eslora total.

3. A potencia máxima dos motores das embarcacións para exerce-la pesca con artes menores será de 250 CV para os motores intraborda e de 50 CV para motores foraborda.

4. A potencia máxima das embarcacións auxiliares de acuicultura rexistradas na lista 4ª que dispoñan de motor foraborda será de 50 CV.

5. En ningún caso poderán exercer actividades de pesca as embarcacións que non dispoñan de medios mecánicos de propulsión».

Tres. Modifícase o artigo 11º que terá a seguinte redacción:

«Artigo 11º

As embarcacións estarán obrigatoriamente rexistradas na 3ª lista do Rexistro de Matrícula de Buques para exerce-la pesca. A súa inscrición na lista 4ª do citado rexistro capacitaraas para realizaren funcións auxiliares de establecementos de acuicultura, ó mesmo tempo que as inhabilita para exerce-la actividade pesqueira e extractiva».

Catro. Modifícase o parágrafo segundo do artigo 20º que terá a seguinte redacción:

«2. A lonxitude máxima total do palangrillo será de 3.000 metros e o número máximo de anzois que se empregará será de 1.000».

Cinco. Modifícase o artigo 32º que pasará a te-lo seguinte contido:

«Artigo 32º

1. A malla mínima autorizada non será inferior a 60 milímetros. Para a captura de linguado e pes

cada as dimensións das mallas non serán inferiores a 80 milímetros.

2. Cada unha das pezas que compoñen a arte terá unha lonxitude máxima de 50 metros e unha altura máxima de 3 metros».

Seis. Modifícase o artigo 33º que terá a seguinte redacción:

«Artigo 33º

A lonxitude máxima da arte ou artes que se calarán será:

a) Embarcacións menores de 2,5 TRB: 1.500 metros, equivalente a 30 pezas.

b) Embarcacións comprendidas entre os 2,5 TRB e 5 TRB: 3.250 metros, equivalente a 65 pezas.

c) Embarcacións maiores de 5 TRB: 4.500 metros, equivalente a 90 pezas».

Sete. Modifícase o artigo 70º que queda redactado da seguinte forma:

«Artigo 70º

1. A captura de polbo con nasa pechada, coas dimensións previstas para a nasa de nécora, farase por fóra das rías, segundo as liñas definidas no anexo I, salvo no período comprendido entre o 1 de outubro e o 30 de abril, ambos inclusive, no que poderán utilizarse por fóra das liñas de referencia sinaladas no anexo V.

2. Dentro das liñas do anexo I empregaranse exclusivamente nasas de tipo aberto.

3. A estructura das nasas abertas terá as seguintes dimensións máximas:

a) Lonxitude: 50 centímetros.

b) Anchura e altura: 35 centímetros.

c) Boca (cara superior aberta): 50 centímetros.

4. As mallas ou claros non serán inferiores a 20 milímetros de lado do cadrado.

5. A lonxitude máxima das artes ou caceas por embarcación non excederá os 5.000 metros e o número máximo de nasas permitido será de 350 que se distribúen en función dos TRB do barco e dos tripulantes, da seguinte forma:

a) Para embarcacións menores de 2,5 TRB: 50 nasas por embarcación e 50 máis por cada tripulante.

b) As embarcacións cuns TRB comprendidos entre 2,5 e 5 TRB: 100 nasas por embarcación e 50 máis por cada tripulante.

c) As embarcacións maiores de 5 TRB: 200 nasas por embarcación e 50 máis por cada tripulante.

6. As embarcacións deberán balizar adecuadamente cada un dos riseiros de nasas que manteñan caladas.

7. O horario de traballo coas nasas de polbo terá dúas modalidades segundo a situación xeográfica de calamento das artes:

a) Desde cabo Silleiro ata punta río Sieira o horario de pesca será diúrno, a actividade desenvolverase de luns a venres desde as 6 ata as 18 horas. As nasas deberán voltar a terra tódolos días.

b) Desde cabo Silleiro ata a desembocadura do río Miño e desde punta Sieira ata a desembocadura

do río Eo, o horario de pesca será diúrno e as nasas poden permanecer caladas desde as 6 horas do luns ata as 18 horas do venres.

c) Non estará permitido simultanea-las dúas modalidades de horario.

8. Naqueles casos en que as condicións meteorolóxicas sexan desfavorables, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos poderá autoriza-lo mantemento das nasas caladas fóra do horario que sexa de aplicación, logo de petición dos interesados.

9. As embarcacións dedicadas á captura de polbo con nasa deberán cesar na súa actividade desde as 18 horas do venres ata as 6 horas do luns. Neste período de descanso semanal as nasas deberán retirarse do seu calamento e ser levadas a porto.

10. Os topes de captura, cando se estimen necesarios, así como outras medidas para a xestión da pesqueira desta especie, fixaranse mediante a oportuna orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos».

Oito. Modifícase o artigo 102º que terá a seguinte redacción:

«Artigo 102º

Prohíbese realizar halado con cabo dado á terra».

Artigo segundo.-Engádese un novo anexo denominado «anexo V» onde se sinalan as liñas de referencia ás que fai mención o artigo 70 modificado polo presente decreto.

Artigo terceiro.-Quedan sen contido a disposición transitoria cuarta, os artigos 9, 10, o punto a) do artigo 53 e o artigo 71 do Decreto 424/1993, do 17 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia, e o Decreto 339/1999, do 16 de decembro, polo que se modifica o Regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia, aprobado polo Decreto 424/1993, do 17 de decembro.

Disposición transitoria

Non obstante o disposto no artigo 8 do regulamento, aquelas embarcacións que teñan unhas características técnicas distintas ás establecidas neste decreto, que na data da súa entrada en vigor estean autorizadas para a pesca, poderán continua-la súa actividade durante a súa vida útil, e se é o caso, ser substituídas por embarcacións que se axusten ás características técnicas establecidas neste decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de decembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO V

LIÑAS DE REFERENCIA

-Viveiro: de Punta Faro a Punta Socastro.-O Barqueiro: de Punta Cova Baixa a Punta Almeiro.-Ortigueira: de Punta Espasante a Punta do Castro.-Ares e Betanzos: de Punta Miranda a Punta Redonda.-A Coruña: de Morro do Canido a Punta Dique Barrié.-Corme e Laxe: de Punta do Carral a Punta Mundiña, de Punta Mundiña a Punta Cabalo, de Punta Cabalo a Punta Besugueira.-Camariñas: de Punta do Castelo a Punta Merexo e de Punta Merexo a Punta Chorente.-Corcubión: de Punta Galera a Cabo de Cee, de Punta Nasa a Punta Sardiñeiro e de Punta Sardiñeiro a Punta Bardullas.-Muros e Noia: de Punta Rebordiño a Punta Caveiro.-Arousa: de Punta Touro a Punta Cabeza do Mouro.-Pontevedra: de Punta Festiñanzo a Punta Loira.-Aldán: de Punta Preguntoiro a Punta Corbeiro.-Vigo: de Cabo Balea a Cabo de Mar.-Baiona: de Punta Gaiteiras a Punta do Boi.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA