Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.418

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a exposición pública das listas definitivas das solicitudes admitidas e excluídas dos programas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2002 para o persoal ó servicio da Administración de xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rematados os traballos do reparto do fondo de acción social para o ano 2002 e de conformidade co establecido nos puntos 6 e 7 do acordo da comisión paritaria de acción social sobre os criterios de repar

tición do fondo de acción social para o exercicio 2002 para o persoal ó servicio da Administración de xustiza nesta Comunidade Autonóma, ó que se lle deu publicidade por Resolución do 10 de maio de 2002 da Dirección Xeral de Xustiza (DOG nº 100, do 27 de maio), e unha vez transcorrido o prazo de alegacións previsto no punto segundo da Resolución do 29 de outubro de 2002 pola que se anunciaba a exposición pública das listas provisionais (DOG nº 214, do 6 de novembro), esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Aprobar e dar publicidade ás listas definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ós programas I, II e III: axuda fillos e estudios fillos, estudios funcionarios e axuda minusválidos respectivamente, que estarán expostas no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nas audiencias provinciais, nos xulgados decanos e no Servicio de Xerencia.

Segundo.-Que a contía do programa I se verá incrementada polos sobrantes do programa II e III.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán presentar recurso potestativo de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes ou impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de acordo co previsto no artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e artigos 14, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 23 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2002.

Juan José Martín Alvarez

Director xeral de Xustiza