Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 24 de decembro de 2002 Páx. 17.671

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo adoptado pola comisión negociadora de modificación do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, na súa xuntanza do 19 de decembro de 2002, sobre inclusión da disposición adicional décimo sétima.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, Real decreto 1040/1981, artigo 2 e), para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o 20 de decembro de 2002, o acordo da comisión negociadora de modificación do IV convenio colectivo único do personal laboral da Xunta de Galicia, na que se fai consta-lo acordo acadado na xuntanza do 19 de decembro de 2002, sobre inclusión da disposición adicional décimo sétima.

Esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2002.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Reunida a comisión negociadora de modificación do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia na súa xuntanza do 19 de decembro de 2002, acorda modifica-lo vixente convenio colectivo do xeito seguinte:

Primeiro: engadir unha disposición adicional décimo sétima ó IV convenio único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, co seguinte contido:

«A cobertura dos postos vacantes na relación de postos de traballo de persoal laboral da Consellería de Medio Ambiente, vinculada ós acordos de consolidación de emprego estructural público, efectuarase, con carácter excepcional, e na primeira convocatoria pública de cada categoría, non aplicando o previsto no artigo 9 do IV convenio único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Igual medida poderá ser, logo de acordo entre as partes, de aplicación para outros procesos de consolidación de emprego que se poidan dar no ámbito de aplicación do IV convenio único para o persoal laboral da Xunta de Galicia».

Segundo: esta disposición adicional entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE