Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2003 Páx. 348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 2 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se lle notifica a Ganados Cortiñas, S.L. o cambio de instructor do expediente sancionador 195/02ID.

Por non atoparse no domicilio coñecido e de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á empresa Ganados Cortiñas, S.L., para o seu coñecemento e para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 30/1992, o nomeamento de Antonio Ovidio Bao López como novo instructor de expediente sancionador 195/02ID, instruído nesta delegación, por falecemento do anterior.

Lugo, 2 de decembro de 2002.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo