Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2003 Páx. 348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 3 de decembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 92/2001, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 27 de agosto de 2002, o conselleiro de Sanidade dictou resolución recaída no expediente sancionador nº 92/2001 incoado pola Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Ourense.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto número 4 do referido artigo, notifícase a Daniel Andrade Fonseca para que poida ter coñecemento do seu contido.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e no artigo 91 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2002.

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

ANEXO

Expediente sancionador nº 92/2001.

Denunciado: Daniel Andrade Fonseca.

DNI: X-1243201-M.

Último enderezo coñecido: estrada Verín-Portugal, km 0,7 de Verín (Ourense).

Contido: inadmiti-lo recurso de alzada.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS