Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2003 Páx. 353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2003 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación dos expedientes que se citan.

Subministracións:

Expediente nº: 001/2003.

Obxecto: subministración de enerxía eléctrica para o campus de Lugo.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: sen determinar.

Garantía provisional: 6.850 euros.

Prazo de execución: 1 ano.

Expediente nº: 002/2003.

Obxecto: vestiario para o persoal laboral.

Localidade: Santiago de Compostela/Lugo.

Provincia: A Coruña/Lugo.

Importe de licitación: sen determinar.

Garantía provisional: 1.050 euros.

Prazo de execución: 1 ano.

Asistencias técnicas e servicios:

Expediente nº: 601/2003.

Obxecto: contratación dunha póliza de seguro de flota de vehículos.

Localidade: Santiago de Compostela/Lugo.

Provincia: A Coruña/Lugo.

Importe de licitación: 30.060 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: non se esixe.

Prazo de execución: o establecido no prego de prescricións técnicas.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición dos obxectos: os arriba indicados para cada expediente.

b) Número de unidades que se van entregar/executar: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) Lugar de entrega/execución: Santiago de Compostela/Lugo.

d) Prazos de entrega/execución: os mencionados para cada expediente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamentos de licitación.

Importes totais: os indicados anteriormente.

5. Garantías.

Provisionais: as citadas en cada expediente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar nos concursos poderá ser consultada ou retirada na copistería Unidixital; Rosalía de Castro, 45, 15706 Santiago de Compostela, (teléfono: 981 55 30 32) correo electrónico: info*unidixital.com, páxina web unidixital.com, ou na copistería Unicopia; avenida de Madrid, 11-15, 27002 Lugo (teléfono: 982 28 03 85).

Obtención de información:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela; Casa da Balconada, Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 57 25 00.

e) Fax: 981 54 70 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Clasificación: a indicada en cada expediente.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se ten que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rectorado, rexistro xeral.

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en: entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

Domicilio: servicios centrais do Campus de Lugo (edificio Biblioteca Intercentros).

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: a mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este día fose inhábil ou coincidise en sábado, reunirase o seguinte día hábil.

e) Hora: trece horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2003.

P.D. (Resolución 10-7-2002)

Miguel A. Vázquez Taín

Vicerector de Economía e Financiamento