Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2003 Páx. 354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día vintetrés de maio de dous mil dous, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización e novo trazado da rúa Tafona (tramo I), coa modificación do punto de encontro das rasantes previstas no proxecto do perfil nº 13 ó perfil nº 12.

O que se fai público para a súa efectividade, en cumprimento do previsto no artigo 121.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Caldas de Reis, 26 de novembro de 2002.

José María Tobío Barreira

Alcalde