O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada o día vintecinco de outubro de dous mil dous, acorda aprobar inicialmente o proxecto de expropiación por taxación conxunta dos terreos afectados pola urbanización da rúa Padres Pasionistas e rúa da Pena.
De conformidade co establecido no artigo 145 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o citado proxecto estará exposto ó público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados examinalo nas oficinas municipais e presentar alegacións dentro do mesmo prazo.
Caldas de Reis, 27 de novembro de 2002.
José María Tobío Barreira
Alcalde

