Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2003 Páx. 354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU 1/2002).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o 25 de novembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto básico e de execución de apertura e urbanización da ronda de Montealto no tramo comprendido entre a glorieta da rúa Alcalde Sanjurjo e a rúa Mauricio Farto Parra, promovido pola xunta de compensación do polígono G2.01, suxeito ás seguintes condicións:

1. Na execución das obras de urbanización seguiranse tódalas consideracións efectuadas polo enxeñeiro de camiños municipal en informe con data do 7 marzo de 2002 e que consta no expediente PDU 1/2002.

2. A rede de abastecemento de auga realizarase de acordo coas seguintes observacións:

a) As válvulas serán de peche en sentido antihorario.

b) Toda derivación (en tubería principal, acometida domiciliaria, boca de rega ou toma de incendios) debe estar provista dunha válvula de corte colocada directamente sobre o aro de toma ou Te correspondente.

3. Ó remata-las obras de urbanización presentarase a documentación do seu estado final en soporte informático, xeorreferenciado e de acordo coa rede topográfica municipal, así como ó proxecto de iluminación pública cos correspondentes boletíns de instalacións eléctricas, visados pola Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

Segundo.-Incoar expediente de expropiación forzosa da parcela con referencia catastral num. 8435012NJ4083S, no caso de que o seu propietario aínda non se adherise á xunta de compensación do polígono para poñer á disposición do concello o terreo da súa pertenza.

Terceiro.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

Cuarto.-Notificar este acordo á xunta de compensación do polígono G2.01.

Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo, no prazo dun mes, Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpor o contencioso-administrativo será de dous meses, contado a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses, contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición de recurso de reposición.

A Coruña, 4 de decembro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo