Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2003 Páx. 355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 10/2002).

A Comisión de Gobierno, en sesión realizada o 9 de decembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para reaxuste de aliñacións e rasantes e ordenación de volumes do polígono H10.02 rúa Abegondo, promovido pola comisión xestora constituída

para a execución do polígono, coa condición de que, previamente á aprobación definitiva do documento, emenden a indicación contida no informe municipal do 6 de novembro de 2002.

Segundo.-Someter a información pública, polo prazo dun mes de duración, o expediente administrativo e o documento que contén o estudio de detalle, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local.

Terceiro.-Notificar este acordo á comisión xestora.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral de 12 a 13 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación satisfaraos o seu promotor.

A Coruña, 13 de decembro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo