A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 9 de decembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do polígono H10.02 rúa Abengondo, no que a aprobación definitiva Únicamente procederá no caso de que o promotor do documento presente unha nova copia no que se corrixan cantas indicacións se recollen no informe técnico municipal con data do 23 de outubro de 2002.
Segundo.-Deberá constituírse unha fianza por importe de 12.176 (doce mil cento setenta e seis) euros, en concepto de garantía de execución das obras de urbanización.
Terceiro.-Someter a información pública, polo prazo dun mes de duración, o expediente administrativo e o documento que contén o proxecto de urbanización, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local.
Cuarto.-Notificar este acordo á comisión xestora.
O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina
de información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque s/n, en horario laboral de 12 a 13.30 horas, de luns a venres.
Os gastos desta publicación serán por conta do seu promotor.
A Coruña, 13 de decembro de 2002.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo

