Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2003 Páx. 356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Viveiro, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de setembro de 2002, aprobou definitivamente o proxecto que contén modificación puntual do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Antigo presentado pola oficina municipal de rehabilitación do casco histórico de Viveiro, consistente en agrupación de parcelas e utilización de cores en fachadas.

Consonte o disposto no artigo 34.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, coa aprobación definitiva extín

guese a suspensión do outorgamento de licencias urbanísticas no ámbito territorial da norma de planeamento.

Contra este acordo, que é firme na vía administrativa, poderase presentar, á elección do interesado:

-Recurso de reposición, ante o mesmo órgano que dictou o acto, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

-Recurso contencioso-administrativo, directamente, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Se se opta por presenta-lo recurso de reposición, o prazo para dicta-la súa resolución e notificación será dun mes; contra a desestimación expresa ou presunta polo transcurso do prazo do mes, poderá presentar recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional e no prazo antes mencionado.

Malia o antedito, poderá presentar, se é o caso, calquera outro recurso que estime procedente.

A interposición do recurso non paraliza a executividade da resolución.

Viveiro, 15 de novembro de 2002.

Justo Vázquez Chao

Alcalde acctal.

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN

SANITARIA