A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 14 de marzo de 2002 da Consellería de Sanidade, convoca o seguinte concurso público:
1. Obxecto: servicio de reparto de mercadorías desde o almacén ata os diferentes centros de cada área e de recollida de correspondencia e mostras clínicas en cada centro para o seu traslado ós laboratorios de referencia.
2. Orzamento:
C.P. 1/2002 S: 231.000,00 euros (2 anualidades).
C.P. 2/2002 N: 220.000,00 euros (2 anualidades).
3. Prazo de execución: 2 anos desde a data de entrada en vigor do contrato. Posibilidade de prórroga nos termos previstos no artigo 198 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
4. Fianzas:
a) Provisional: non se esixe.
b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.
5. Forma de adxudicación: concurso, procedemento aberto, expediente anticipado de gasto, tramitación urxente.
6. Solvencia económica, financeiro e técnica: acreditarase segundo os puntos 13 e 14 da carátula que integra o prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.
7. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 16 da carátula-prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada na Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26-1º andar, 36204 Vigo, teléfono 986 81 64 66, en días hábiles, desde as 9 ata as 14 horas.
9. Presentación de proposicións: deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204-Vigo), antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no punto 5.2 do prego de cláusulas adminstrativas particulares.
10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reúnida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26 - 6ª planta de Vigo, ás 9 horas do sétimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
11. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario.
Vigo, 2 de xaneiro de 2003.
Ángel Martín Santos
Director xerente de Atención Primaria
de Pontevedra-Vigo

