A alcaldesa-presidenta en funcións deste concello, por Resolución nº 718/2002, de data 26 de novembro de 2002, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización (correspondente ó estudio de detalle aprobado definitivamente por acordo do Pleno do concello, de data 10 de maio de 2001), segundo o proxecto técnico redactado polo arquitecto Valentín Souto García e promovido por Óscar Fondevila Taboada, en representación de Rías de Bergondo, S.A. que se vai realizar no predio sito en Carrio, parroquia de Bergondo, neste concello.
Acórdase, así mesmo, proceder á exposición pública do citado expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, durante o prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.
Bergondo, 26 de novembro de 2002.
P.D. (Decreto 695/2002)
Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa-presidenta en funcións

