Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE DODRO

ANUNCIO.

No BOP da Coruña, nº 296, do 27 de decembro de 2002, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexe-la convocatoria para a provisión por concurso dunha praza laboral fixa de auxiliar de asistencia a domicilio do Concello de Dodro.

As instancias polas que se solicita participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no rexistro xeral do concello, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello de Dodro (A Coruña).

Dodro, 8 de xaneiro de 2003.

José Fernando Vila Brión

Alcalde