Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a adquisición de tractor-rozadora incluídas no Plan XXI de Fomento do Turismo de Natureza da Deputación Provincial.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Malpica de Bergantiños.

2. Obxecto do contrato: adquisición de tractor-rozadora.

3. Prazo de execución: 1 (un) mes.

4. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

Prego-tipo de cláusulas administrativas particulares aprobado pola Deputación Provincial da Coruña o 30 de marzo de 2001 (BOP nº 78, do 4 de abril).

5. Orzamento de licitación: 48.081 euros (corenta e oito mil oitenta e un euros).

6. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

7. Documentación e información: secretaría do concello.

8. Clasificación do contratista: non se esixe.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite: ás 14 horas do último día do prazo de 15 días, de acordo co previsto no artigo 78.2º do TRLCAP, contando desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia ou no diario La Voz de Galicia.

b) Documentación: a documentación presentarase en 2 sobres pechados titulados: sobre A, subtitulado Documentación. Sobre B, subtitulado Oferta económica e referencias técnicas. Conterá a proposición económica axustada ó modelo que figura no anexo III do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro de Documentos das oficinas xerais sito na Casa do Concello de Malpica de Bergantiños.

10. Apertura das ofertas:

a) Lugar: Casa do Concello de Malpica de Bergantiños.

b) Data: 9 horas do segundo día seguinte hábil (excepto sábados) ó de finalización de presentación de proposicións.

Malpica de Bergantiños, 11 de decembro de 2002.

José Ramón Varela Rey

Alcalde-presidente