Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2003 Páx. 1.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, pola que se lles dá publicidade ás resolucións de adxudicación dos contratos que se relacionan.

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou darlles publicidade ás adxudicacións dos contratos que a continuación se relacionan:

-Contrato de obras consistente na reforma para o acondicionamento do local que a Consellería de Industria e Comercio ten arrendado na rúa Tomiño.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 7/2002 SX.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: obras.

Descrición do obxecto: realización das actuacións precisas para o acondicionamento do local comercial, situado na rúa Tomiño nº 19-baixo, para o uso pola nova subdirección da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Industria e Comercio.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 7 de outubro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 137.344,80 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Data: 14 de novembro de 2002.

Adxudicatario: Técnicos Unidos para la Construcción, S.A., (Tuconsa).

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: cento trece mil novecentos oitenta e dous euros con corenta e cinco céntimos (113.982,45 euros), IVE incluído.

-Contrato de obras consistente na clausura dos labores mineiros antigos abandonados de Galicia no ano 2002.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Número de expediente: 3/2002 DXI.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: obras.

Descrición do obxecto: consiste na execución parcial das obras de selaxe e clausura dos labores mineiros antigos abandonados da Comunidade Autónoma de Galicia pendentes do contrato asinado no ano 2001.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: negociado sen publicidade (artigo 141 e) do TRLCAP.

4. Orzamento base de licitación: 386.841,44 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Fecha: 5 de decembro de 2002.

Adxudicatario: Auxiliar y General de Servicios, S.L. (Gauxs, S.L.).

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: trescentos oitenta e seis mil oitocentos corenta e un euros con corenta e catro céntimos (386.841,44 euros), IVE incluído.

-Contrato de consultoría e asistencia consistente na elaboración dun catálogo de obradoiros artesanais de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

Número de expediente: 6/2002 DXT.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: deseño, elaboración e publicación dun catálogo de todos aqueles obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia da Consellería de Industria e Comercio, que queiran participar nel, que recolla información sobre os obradoiros e os productos que neles se fabrican.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 26 de agosto de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 160.000 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Fecha: 4 de outubro de 2002.

Adxudicatario: Ferramulín, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: cento sesenta mil euros (160.000 euros), IVE incluído.

-Contrato de servicios consistente no desenvolvemento dunha campaña publicitaria sobre a artesanía de Galicia para o ano 2002.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

Número de expediente: 7/2002 DXT.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: desenvolvemento dunha campaña publicitaria na época de Nadal, co obxecto de facilita-lo recoñecemento, difusión e potenciación das vantaxes na marca Artesanía de Galicia como símbolo de calidade de producto e a diversidade de creacións, tanto a través da publicidade estática como en medios televisivos.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 4 de outubro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 313.000 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Fecha: 15 de novembro de 2002.

Adxudicatario: J&J del Río, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: trescentos doce mil novecentos sesenta e oito euros (312.968 euros), IVE incluído.

-Contrato de obras consistente no acondicionamento dun local e outras obras no edificio do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, sito no Parque Tecnolóxico de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

Número de expediente: 8/2002 DXT.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: obras.

Descrición do obxecto: realización das seguintes obras no edificio do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia: adecuación de local na planta soto para a instalación da máquina de medición por coordenadas; reforma dos dous estanques que franquean a vía interior de servicio ó edificio desde a súa parte traseira, convertendo os ditos espacios en xardíns; reforma e axardinamento dos estanques da planta baixa, no acceso principal; instalación de dobres portas de entrada ó soto para mellora-lo illamento térmico do edificio neses puntos, e reforma e axardinamento da parte traseira da parcela.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 7 de outubro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 82.936 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Fecha: 7 de novembro de 2002.

Adxudicatario: Construcciones Antonio Varela Villamor, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: oitenta e dous mil novecentos trinta e seis euros (82.936 euros), IVE incluído.

-Contrato de consultoría e asistencia consistente na análise e avaliación dos programas de fabricación da industria aeronáutica para os próximos cinco anos, impulsados pola Consellería de Industria e Comercio.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

Número de expediente: 9/2002 DXT.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: análise e avaliación dos programas de fabricación da industria aeronáutica para os próximos cinco anos, que consistirá, basicamente, na realización dun labor de asesoramento a empresas galegas susceptibles de entraren no sector e a detección de oportunidades de negocio no sector aeronáutico.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 4 de novembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 114.000 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Fecha: 3 de decembro de 2002.

Adxudicatario: Socintec, Sociedad para la Innovación y Promoción de Nuevas Tecnologías, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: cento oito mil trescentos euros (108.300 euros), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2003.

Jesús Vázquez San Luís

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio