Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2003 Páx. 1.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2002 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Corzán (modificado número 1). (Expediente 5/1999).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en r/ Betanzos, 1-1º esq., 15004 A Coruña, sobre a utilidade pública

das instalacións do parque eólico denominado Corzán (modificado nº 1), resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-O 10 de abril de 2000, Luis María Añíbarro Iglesias, en nome e representación de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Corzán. Por consideracións técnicas solicita que se proceda a

modifica-lo proxecto inicial, presentando o promotor o dito proxecto modificado o 20 de novembro de 2000, de 36 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ámbolos dous de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía

eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, xa mencionado, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, mediante acordo da Delegación Provincial de Industria da Coruña do 22 de marzo de 2001, publicado no DOG do 3 de abril de 2001, no diario La Voz de Galicia do 3 de abril, no BOP da Coruña do 10 de abril e no taboleiro de anuncios do Concello de Negreira (A Coruña).

Terceiro.-Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-O 10 de outubro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, publicándose no DOG do 28 de decembro de 2001.

Quinto.-O 21 de novembro de 2001, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

CorzánNegreiraXY

511.5004.753.500

513.5004.753.500

516.0004.753.000

516.0004.751.500

517.0004.750.000

517.0004.748.000

514.5004.745.500

511.0004.748.500

Nº de aeroxeradores: 48.

Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW.

Xeradores: Negmicon NM 750/52 kW.

Potencia total instalada: 36 MW.

Producción neta anual estimada: 93.600 MWh/ano.

Investimento previsto: 5.256.000 M/ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-48 aeroxeradores de 750 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 55 m de altura e rotores de 3 pas de 52 m de diámetro.

-48 transformadores, situados no interior dos fustes de 1.000 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV realizada en conductor R.H.V. 12/20 kV 1x240 mm Al para interconexión dos aeroxeradores e estes coa subestación transformadora.

-Subestación transformadora intemperie equipada con transformador de 60 MVA e relación de transformación 20/220 kV, celas de media tensión 20 kV, transformador de servicios auxiliares de 400 kVA e relación 20/0,4 kV, aparellos de medida, protección, telemando e telecontrol.

Sexto.-O 10 de xuño de 2002 Luis Ricoy Iriarte, en nome e representación da empresa Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., solicitou a declaración de utilidade pública do parque eólico denominado Corzán (modificado nº 1), de 36 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citado.

Sétimo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos artigos 125 e 140 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 302/2001, mediante acordo da Delegación Provincial de Industria da Coruña, do 17 de xullo de 2002, publicado no diario La Voz de Galicia do 6 de agosto de 2002, no DOG do 8 de agosto, no BOP da Coruña do 13 de agosto e no taboleiro de anuncios do Concello de Negreira (A Coruña).

Oitavo.-Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Ermitas Barreiro Calvelo, copropietaria do predio nº 90, alega que debería indicárselle a zona afectada, posto que o predio é de grande superficie e pertence a varias persoas, ademais está dedicada a monte alto, non a monte baixo como se sinala na relación de bens e dereitos afectados polo parque, debendo terse en conta a plantación existente para efectos de valoración económica.

2. David Cobas Ponte manifesta que Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. se comprometeu a enviar un contrato por escrito e que non ten inconveniente en que o proxecto se leve a cabo.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, Decreto 302/2001, do 25 de outubro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas cabe dici-lo seguinte:

1. Con respecto á alegación presentada por Ermitas Barreiro Calvelo, cabe dicir que a zona afectada está sinalada nos planos parcelarios expostos na Delegación Provincial de Industria da Coruña. Así mesmo, con respecto a un posible erro no tipo de cultivo do predio afectado pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria toma razón deste, non obstante será durante o levantamento de actas, acto ó que serán oportunamente convocados, o momento no que se describirá o ben e farase consta-lo estado e tipo de cultivo existente. Por último, a valoración da parcela corresponde á fase de prezo xusto.

2. Con respecto á alegación presentada por David Cobas Pontes, cabe manifestar que a empresa promotora chegou a un acordo amigable co alegante.

Terceiro.-O artigo 52 da Lei 54/1997, reguladora do sector eléctrico declara de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía, cos efectos que se determinan no artigo 54 da mesma norma.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Corzán (modificado nº 1), no municipio de Negreira (A Coruña) o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo

co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250,

do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio