Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, logo da resolución nesta delegación provincial, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.
Expediente: 805/2002.
Acta da inf.: 1369/2002.
Empresa: Gonzalo Romero Rodríguez.
NIF/DNI: 32308335M.
Enderezo: r/ Rianxo, nº 5-6º B (A Coruña).
Materia: seguridade e hixiene.
Proposta de sanción: 1.502,54 A.
Resumo da acta de infracción:
En relación co accidente de traballo sufrido por Jesús Ferreiro Barbeito, cítase a empresa para a súa comparecencia, non achegando documentación ningunha sobre a existencia de organización da actividade preventiva na empresa, nin avaliación de riscos laborais. En comparecencia posterior constátase que a empresa carece de todo servicio de prevención.
Vulnéranse o artigo 5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; artigos 4 a), d) e 19.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigos 14 e 30.1º e 2º da Lei 31/1995 e artigos 10, 12 e 16 do R.D. 39/1997, do 17 de xaneiro.
Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.15º e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Expediente: 806/2002.
Acta da inf.: 1370/2002.
Empresa: Gonzalo Romero Rodríguez.
NIF/DNI: 32308335M.
Enderezo: r/ Rianxo, nº 5-6º B (A Coruña).
Materia: seguridade e hixiene.
Proposta de sanción: 1.502,54 A.
Resumo da acta de infracción:
En relación co accidente de traballo sufrido por Jesús Ferreiro Barbeito, cítase a empresa co obxecto de aclara-las causas de tal accidente, comprobándose que o traballador realizaba tarefas de pintura subido a unha estada de 1,40 metros de altura. A dita estada estaba instalada sobre terra mollada, o que provocou que se desnivelase cando o traballador subíu e colocou os materiais necesarios. A causa do accidente atopouse na inestabilidade do terreo, existindo un risco de afundimento de terra, materializado na caída do traballador.
Vulnéranse o artigo 5 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigos 4.2 d) e 19.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo e punto 1 da parte C do anexo IV do Real decreto 1215/1997, do 24 de outubro.
Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.16º b) e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Expediente: 827/2002.
Acta da inf.: 1581/2002.
Empresa: Roca Sandiz Comunicaciones, S.L.
NIF/DNI: B15704570.
Enderezo: avda. Monelos, 121-1º dta. (A Coruña).
Materia: obstrucción.
Proposta de sanción: 300,52 A.
Resumo da acta de infracción:
Con data do 5-7-2002 requiriuse a empresa da referencia para que achegase determinada documentación ante a Inspección de Traballo. Chegado o día indicado comparece o representante da empresa, pero non achega ningunha documentación, o que impediu, perturbou e retrasou o exercicio das funcións dos subinspectores de Emprego e Seguridade Social.
Vulnérase o artigo 50.2º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 50.2º e 39.1º e 40.1º, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Documentos que constan nos expedientes:
-Actas de infracción.
-Xustificantes das notificacións.
A Coruña, 15 de xaneiro de 2003.
Reyes Carabel Pedreira
Delegada provincial da Coruña

