Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2003 Páx. 1.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social 64/1996.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándolle que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da sua publicación no Diario Oficial de Galicia pode interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolle de que de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun (1) mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23-11-2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: 64/1996.

Acta nº: 38/1996.

Titular: Consunión, S.L.

NIF/DNI: B-15403221.

Enderezo: Lg. de Cores (Ponteceso).

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 12-12-2002.

Resolución: sanción por importe de 6.010,12 A.

Feitos: en relación co accidente de traballo sufrido por Sergio López Serantes, traballador da empresa da referencia, realizouse visita de inspección ó centro de traballo sito en Costa de María Pita (Arteixo) en data 7-11-1995. O accidente tivo lugar cando o traballador realizaba tarefas a unha altura de 12 metros empurrando un bloque de formigón, que o arrastrou, o que provocou a caída do traballador.

Vulnéranse os artigos 1 d) do Decreto do 26 de xullo de 1957, e artigo 271 da O.M. do 28-8-1970, en relación coa disposición derradeira primeira, nº 2 do convenio colectivo xeral do sector da construcción (Resolución do 4-5-1992).

Tipificación: falta moi grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 11.2º

e 36 e 37, respectivamente, da Lei 8/1988, do 7 de abril, (normativa aplicable no momento da infracción).

A Coruña, 15 de xaneiro de 2003.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña