Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, de 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu regu
lamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.
Resolución: 29-11-2002.
Obxecto: construcción dunha nave para cámaras frigoríficas.
Porto: Celeiro.
Adxudicatario: Puerto de Celeiro, S.A.
Prazo: ata o 18-6-2027.
Resolución: 29-11-2002.
Obxecto: construcción dun edificio con destino a oficinas da asociación.
Porto: A Pobra do Caramiñal.
Adxudicatario: Asociación de Productores de Mexillón da Pobra do Caramiñal.
Prazo: 15 anos.
Resolución: 29-11-2002.
Obxecto: construcción dun edificio con destino a oficinas e almacén da asociación.
Porto: A Pobra do Caramiñal.
Adxudicatario: Asociación Mexioeira do Barbanza.
Prazo: 15 anos.
Resolución: 11-12-2002.
Obxecto: cambio de titularidade da concesión administrativa para a construcción e explotación dun porto náutico-deportivo no dominio público portuario adscrito ó porto de Sanxenxo.
Porto: Sanxenxo.
Adxudicatario: Nauta Sanxenxo, S.L.
Resolución: 13-12-2002.
Obxecto: instalacións do edificio de servicios para a prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa.
Porto: Santa Cristina de Cobres.
Adxudicatario: Asociación de Marisqueo Pesca e acuicultura Pedra da Oliveira.
Prazo: 5 anos.
Resolución: 13-12-2002.
Obxecto: local para oficinas da confraría de pescadores e instalacións frigoríficas.
Porto: Burela.
Adxudicatario: Confraría de Pescadores de Burela.
Prazo: 15 anos.
Resolución: 13-12-2002.
Obxecto: construcción dunha nave con destino a taller de reparación de motores mariños.
Porto: A Pobra do Caramiñal.
Adxudicatario: Hermanos Montes Míguez, S.C.
Prazo: 15 anos.
Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencio
so-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución facendo público o outorgamento.
Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2003.
Emilio García Gallego
Presidente do ente público Portos de Galicia

