Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2003 Páx. 1.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

ANUNCIO do 12 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia no expediente 15-1315/2000.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo presidente do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luis Seoane, s/n (edificio administrativo Monelos, 2º andar, ala norte) da Coruña, en horario das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 12 de decembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 15-1315/00.

Interesado: Activa Insertec, S.L.

CIF: B-50730522.

Acto notificado: resolución de recurso de alzada.