Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2003 Páx. 1.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 26 de decembro de 2002 polo que se lle comunica á empresa Martínez Rodríguez, Manuel y Otro (Bar Restaurante Río, S.C.) o arquivo do expediente de incumprimento do expediente 1/98.0118.4085.N.198 relativo a axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes 1998.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento da empresa Martínez Rodríguez, Manuel y Otro (Bar Restaurante Río, S.C.) titular do expediente 1/98.0118.4085.N.198 relativo a axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes (Resolución do 28 de abril de 1998, DOG nº 94, do 19 de maio) que con data 28 de outubro de 2002 o presidente do Igape resolveu declara-la non concorrencia dos motivos de incumprimento referidos á creación de emprego comprometida, deixando sen efecto o expediente incoado.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A resolución de arquivo de expediente de incumprimento non esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Facenda, no prazo dun mes desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica