Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Luns, 10 de febreiro de 2003 Páx. 1.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 20 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 126/2002 PANA, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 3 de xaneiro de 2003, a delegada provincial de Pontevedra dictou resolución do expediente sancionador nº 126/2002 PANA, incoado pola delegación provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 4 do referido artigo, notifícaselle ó/á director/a xerente de Panadería Tea, S.L. para que poida ter coñecemento do seu contido.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26

de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Pontevedra, 20 de xaneiro de 2003.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 126/2002 PANA.

Denunciado último enderezo coñecido: director/a xerente de Panadería Tea, S.L., Barrio Gándara 10, Areas. C.P. 36869, Ponteareas (Pontevedra).

Feito denunciado: infraccións en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: artigo 2.2º.2. do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.-Capítulo IV do anexo do Real decreto 2207/1995, de 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios.-Artigo 7 do Real decreto 202/2000, do 11 de febreiro, polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.

Precepto sancionador: artigo 35.A) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de Sanidade.

Sanción imposta: 180 euros.