Con data do 3 de xaneiro de 2003, a delegada provincial de Pontevedra dictou resolución do expediente sancionador nº 15/2002 ALM incoado pola delegación provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra.
Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 4 do referido artigo, notifícaselle ó/á director/a xerente de Orivigo, S.L. para que poida ter coñecemento do se contido.
Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contados a partir do seguinte á publicación da presente cédula.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Pontevedra, 21 de xaneiro de 2003.
Mª Dolores Pan Vázquez
Delegada provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: nº 15/2002 ALM.
Denunciado último enderezo coñecido: director/a xerente de Orivigo, S.L., r/ Marqués de Valterra 17, Vigo (Pontevedra).
Feito denunciado: infraccións en materia sanitaria.
Precepto infrinxido: artigo 2. 2º. 2. do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.-Artigo 3 punto 1, capítulo I punto 1, punto 2) b, capítulo V a) b) do anexo do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios.-Artigo 3 punto 5.5.1, punto 6.6.1, punto 7.7.1 e punto 16.16.1 do Título I do Real decreto 706/1986 do 7 de marzo, da Presidencia do Goberno, polo que se aproba a Regulamentación técnico-sanitaria sobre condicións de almacenamento (non frigorífico) de alimentos e productos alimentarios.
Precepto sancionador: artigo 35.A) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de Sanidade.
Sanción imposta: 300 euros.

