Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Luns, 10 de febreiro de 2003 Páx. 1.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos do Sindicato Independiente de Trabajadores-FCC en Pontevedra (SIT-FCC).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Sindicato Independiente de Trabajadores-FCC en Pontevedra (SIT-FCC), que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: provincial.

Profesional: tódolos traballadores de Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., sen distinción de grupos profesionais.

Asinan a acta de constitución: Ángel Rial Gómez e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 14 de xaneiro de 2003.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra