Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Luns, 10 de febreiro de 2003 Páx. 1.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Viticultores de Marín.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Viticultores de Marín, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: Concello de Marín.

Profesional: tódalas persoas físicas ou xurídicas relacionadas coa actividade vitivinícola.

Asinan a acta de constitución: Jesús Campañó Luna e outro.

Os estatutos depositados, poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 16 de xaneiro de 2003.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra