Por medio deste edicto faise saber que por parte do instructor de Augas de Galicia se dictou proposta de resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla no extracto en anexo a este edicto, referente a infraccións tipificadas na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da proposta de resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.
En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontra á súa disposición nas oficinas do Servicio Territorial da Demarcación Galicia Norte do organismo autónomo Augas de Galicia na Coruña (rúa Wenceslao Fdez. Flórez, 1-2º), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.
En relación con esta proposta de resolución, o interesado poderá formular alegacións no prazo de quince días contados a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ante o devandito servicio territorial.
A Coruña, 15 de xaneiro de 2003.
Luis Villarroya Lozano
Instructor
ANEXO
Expediente número: DH.D27.03303.
Persoa interesada: Aquilino Otero Oural.
Domicilio que consta no expediente: Canedo de Santo Tomé, 27760 Lourenzá.
Acto administrativo: proposta de resolución con data do 7-1-2003.
Preceptos infrinxidos: artigo 315 c) do Regulamento do dominio público hidráulico.
Sanción proposta: 4.507,60 A.

