Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Luns, 10 de febreiro de 2003 Páx. 1.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de réxime de v.p.o. E.S.OU-02/02 e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la resolución dos expedientes sancionadores por infracción do réxime legal de v.p.o., por non ser posible a notificación a través do servivio de correos.

Os interesados poderán presentar contra a devandita resolución, que non pon fin á vía administrativa, recurso de alzada no prazo dun mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podéndoo interpoñer ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do

procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 29 de xaneiro de 2003.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente nº E.S. OU-02/02.

Responsable: Amador Nóvoa Nogueira.

Enderezo: avda. de Santiago, 100, 1º D, 32001 Ourense.

Feitos imputados: peche de terraza anexa á súa vivenda, modificando o proxecto aprobado, sen a preceptiva autorización.

Infracción: grave (artigo 5 c) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 1.500 euros.

-Expediente nº E.S. OU-05/02.

Responsable: C. López Murciego, S.L.

Enderezo: praza José Otero, nº 2, 32300 O Barco de Valdeorras.

Feitos imputados: incumprimento da obriga de elevar a público o contrato privado de compravenda dentro do prazo dos tres meses seguintes á data da sinatura do sinalado instrumento contractual privado.

Infracción: grave (artigo 5 c) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 601,02 euros.

-Expediente nº E.S. OU-14/02.

Responsable: Francisco Seijo González.

Enderezo: Outeiro Grande, nº 4, bl. B, 2º D, 32570 Maside.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial, promoción pública, da que é adxudicatario a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5 c) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 601,02 euros.