A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 j) da Orde do 14 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra para actuar como órgano de contratación e unha vez autorizada expresamente a dita contratación con data do 20 de xaneiro de 2003, pola División de Recursos Económicos do Sergas, resolve convoca-lo concurso público nº 001/2003, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:
1. Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de almacenamento e arquivo dos productos sanitarios e historias clínicas no local ou locais habilitados polo adxudicatario para o efecto e a súa distribución ata os centros dependentes do Complexo Hospitalario de Pontevedra, por un orzamento de setecentos noventa e seis mil (796.000) euros. Imposto sobre o valor engadido, incluído.
2. Prazo de execución: o servicio obxecto deste concurso público executarase a partir da data de formalización do contrato, por un período de dous anos.
3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria poderán ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa no Hospital Provincial, r/ Loureiro Crespo, 2. 36001 Pontevedra, nos días laborables, agás sábados, desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono 986 80 71 03, ou fax 986 80 70 52, durante o prazo de admisión das proposicións. Enderezo de Internet: www.sergas.es
4. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación (15.920 euros). Definitiva, o catro por cento da adxudicación; que se constituirán conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Solvencia económica e financeira: exenta por esixir clasificación económica.
6. Solvencia técnica: exenta por esixir clasificación económica.
7. Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (p. 16).
8. Clasificación: grupo U, subgrupo 7, categoría C (equivalente ó establecido polo R.D. 52/1991, do 25 de xaneiro, grupo III, subgrupo 8, categoría C).
9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo finalizará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.
10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra, ás dez horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.
13. Anuncios: o importe dos anuncios deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.
Pontevedra, 28 de xaneiro de 2003.
Javier Cobas Gamallo
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
de Pontevedra

