Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Luns, 10 de febreiro de 2003 Páx. 1.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2003 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación dos expedientes 006 e 605/2003.

Subministracións.

Expediente nº 006/2003.

Obxecto: equipamento informático para a Escola Superior de Enxeñería.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación:

Lote A: 77 ordenadores persoais 91.650 euros, IVE incluído.

Lote B: 1 servidor 1.800 euros, IVE incluído.

Lote C: 2 impresoras de rede 3.000 euros, IVE incluído.

Lote D: 1 plotter 4.900 euros, IVE incluído.

Lote E: 1 canón de proxección 2.300 euros, IVE incluído.

Lote F: 1 sistema de alimentación ininterrompida 150 euros, IVE incluído.

Garantías provisionais: 1.833, 36, 60, 98, 46 e 3 euros, respectivamente.

Prazo de entrega: 15 días.

Asistencias técnicas e servicios.

Expediente nº 605/2003.

Obxecto: mantemento dos equipos da rede de datos da USC.

Localidade: Santiago de Compostela/Lugo.

Provincia: A Coruña/Lugo.

Importe de licitación: 120.000 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 2.400 euros.

Prazo de execución: 1 ano.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición dos obxectos: os arriba indicados para cada expediente.

b) Número de unidades que se van entregar/executar: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) Divisón por lotes e número: os especificados nos pregos de cláusulas.

d) Lugar de entrega/execución: Santiago de Compostela/Lugo.

e) Prazo de entrega/execución: o mencionado para cada expediente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importes totais: os indicados anteriormente.

5. Garantías.

Provisionais: as citadas en cada expediente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar nos concursos poderá ser consultada ou retirada na copistaría Unidixital, Rosalía de Castro, 45, 15706 Santiago de Compostela, (teléfono 981 55 30 32), correo electrónico info*unidixital.com, paxina web unidixital.com, ou na copistería Unicopia, avenida de Madrid 11-15, 27002 Lugo (teléfono 982 28 03 85).

Obtención de información.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Casa da Balconada. Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 57 25 00.

e) Fax: 981 54 70 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Clasificación: a indicada en cada expediente.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se ten que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rectorado, Rexistro Xeral.

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

Ou na entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

Domicilio: servicios centrais do Campus de Lugo (edificio Biblioteca Intercentros).

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: a mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este día fose inhábil ou coincidise en sábado, reunirase o seguinte día habíl.

e) Hora: trece horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2003.

P.D. (Resolución 10-7-2002)

Miguel A. Vázquez Taín

Vicerrector de Economía e Financiamento