Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas para a contratación da subministración dun tractor, unha desmalezadora e unha pa para os servicios municipais do Concello de Becerreá financiados mediante arrendamento financeiro (leasing), exponse ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos polo artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.
De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de condicións, a licitación, se ben esta se aprazará no suposto de producírense reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución.
1. Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.
2. Obxecto do contrato.
a) Subministración dun tractor, unha desmalezadora e unha pa para os servicios municipais.
b) Lugar de execución: Becerreá.
c) Prazo de execución: 48 meses.
3. a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 73.690 A.
5. Garantía definitiva: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
Concello de Becerreá, avda. Madrid número 2, 27640 Becerreá (Lugo). Teléfono: 982 36 00 04.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Solvencia económica-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 6 b) do prego.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: sétimo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no DOG, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.
b) Documentación que hai que presentar:
As proposicións presentaranse en dous sobres pechados.
Sobre A, subtitulado documentación acreditativa da personalidade. Conterá a documentación sinalada na cláusula 9 e) do prego.
Sobre B, subtitulado oferta económica. Responderá ó seguinte modelo:
O abaixo asinante..... maior de idade, con DNI..... e domicilio para efectos de notificacións en....., en nome propio (ou en representación de....., con NIF.....), tendo coñecemento da convocatoria do concurso anunciado no BOP e no Diario Oficial de Galicia números..... e....., nas datas de..... e..... respectivamente, solicita tomar parte nesta licitación para a subministración dun tractor, unha desmalezadora e unha pa para os servicios municipais do Concello de Becerreá financiadas mediante arrendamento financeiro (leasing).
E fai constar:
1º Que cumpre todas e cada unha das condicións esixidas no prego de cláusulas para a adxudicación do contrato, especialmente as obrigas sociais, laborais e fiscais a que se refiere a cláusula 23 do dito prego.
2º Que acepta plenamente tódalas cláusulas do prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen este contrato e tódalas demais obrigas que se deriven deste, se resultase adxudicatario do contrato.
3º Que se compromete á realización da subministración sinalada no prezo de..... euros (letra e cifras), IVE incluído, de acordo co seguinte
cadro-detalle dos custos de financiamento do tractor e demais material e cadro xeral de financiamento polo montante total do custo dos bens adquiridos:.....
Neste sobre achegarase a documentación xustificativa para valora-los criterios que servirán de base para a adxudicación de acordo coa cláusula 10 de prego.
c) Lugar de presentación: Concello de Becerreá, avda. Madrid número 2.
d) O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.
9. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Becerreá, ás doce horas do primeiro mércores hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.
10. Gastos de anuncios: serán con cargo ó adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.
Becerreá, 29 de xaneiro de 2003.
Antonio Fernández Pombo
Alcalde presidente

