Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Luns, 10 de febreiro de 2003 Páx. 1.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 28-1-2003, acordou inicia-los trámites para a contratación que seguidamente se indica, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín, praza do Concello, nº 1, 36500 Lalín. Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 06 38.

Obxecto: concurso para a redacción do proxecto de urbanización e para a execución das obras de urbanización do Plan parcial SUE-1, Regueiriño sur, do PXOM de Lalín.

Orzamento: 2.567.560 euros, IVE incluído.

Duración do contrato: 12 meses.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Clasificación: E-1-D, G-4-E, I-1-C e K-6-C.

Garantía provisional/definitiva: 2% do orzamento e 4% do importe da adxudicación, respectivamente.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina, de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: o presente anuncio será publicado no DOG e no BOP de Pontevedra e as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello ou na forma establecida no prego de condicións, dentro do prazo de 45 días naturais contados a partir do día de publicación do último dos anuncios indicados e en horario de nove a catorce horas. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións terá lugar na casa do concello, ás doce trinta horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas; para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 29 de xaneiro de 2003.

José Crespo Iglesias

Alcalde