Concurso con procedemento aberto e tramitación urxente para subministración e arrendamento de diverso material.
1. Entidade adxudicadora: Concello de Muxía.
2. Obxecto: adquisición do material mencionado no punto 2.1 e arrendamento do mencionado no punto 2.2.
2.1. Adquisición de:
-Unha máquina hidrolimpadora de alta presión con xerador móbil.
-Un vehículo motobomba carrozado.
-Un vehículo todoterreo.
-Un tractor con remolque e pa.
2.2. Arrendamento de:
-Carpa con dimensións mínimas de 15x30 m, durante 2,5 meses aproximadamente.
3. Características do material: as establecidas no prego de prescricións técnicas.
4. Orzamento: o establecido para cada máquina ou material no prego.
5. Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
6. Información: oficinas municipais. Rúa Real, 35, Muxía. Tlfno.: 981 74 21 17.
7. Presentación de ofertas: das 9 ás 13 h no rexistro municipal, dentro do prazo de 13 días naturais a contar desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio.
8. Apertura de plicas: salón de actos municipal, ás 13 h do seguinte día hábil ó de finalización de prazo para presentación de ofertas.
9. O prego de cláusulas sobre este concurso queda exposto ó público durante 8 días, para os efectos previstos no artigo 122.1º Dto. leg. 781/1986.
10. Os gastos de anuncios serán por conta dos contratistas.
Muxía, 3 de febreiro de 2003.
Alberto Blanco Rodríguez
Alcalde

