Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.524

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de febreiro de 2003 pola que se clasifica como benéfico-social a Fundación Parque Científico-Tecnológico Río do Pozo.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Parque Científico-Tecnológico Río do Pozo con domicilio en Narón (A Coruña).

Supostos de feito.

1. A fundación formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación, foi constituída en escritura pública outorgada en Narón (A Coruña), o día 22 de febreiro de 2002, ante o notario Alberto María Romero Neira, co número cento vintedous do seu protocolo por Juan Gato Díaz, Manuel José Recuero Astray, Carlos Atanasio Gil Robles, Rosa María Martínez Varela, Joaquín Carballo Yebra, José María Vieites Rueda, Francisco Javier Goiricelaya Arana, Gonzalo Rodríguez-Tenreiro Romero-Mella, Alfonso de Prado Fernández-Canteli, Guillermo Sánchez Fojo, Jesús Car

denal Carro; Juan Gato Díaz no seu propio nome e en representación do Concello de Narón, que preside, Manuel José Recuero Astray no seu propio nome e en representación da Universidade da Coruña e no seu cargo de vicerrector do Campus de Ferrol de dita universidade, Carlos Atanasio Gil Robles no seu propio nome e en representación da entidade mercantil Megasa Siderúrgica, S.L., Rosa María Martínez Varela no seu propio nome e en representación da entidade mercantil Artabro-Samdeu, S.L., Joaquín Carballo Yebra no seu propio nome e en representación da entidade mercantil Vento Gal, S.A., José María Vieites Rueda e Francisco Javier Goiricelaya Arana o primeiro no seu propio nome e ambos en representación da entidade mercantil Izar Construcciones Navales, S.A., Gonzalo Rodríguez-Tenreiro Romero-Mella no seu propio nome e en representación da entidade financeira Caja de Ahorros de Galicia; os restantes comparecentes fano no seu propio nome e representación, facéndoo ademais Alfonso de Prado

Fernández-Calenti en nome e representación como mandatario verbal de Antonio Abril Abadín quen á súa vez actúa en nome e representación da entidade mercantil Industria de Diseño Textil, S.A.

3. O obxecto da fundación é segundo establece o artigo 7 dos seus estatutos:

a) Impulsar, pór en marcha e xestionar un parque científico-tecnolóxico que dispoña dos espacios e as infraestructuras persoais e materiais necesarias para o desenvolvemento das investigacións e das novas tecnoloxías.

b) Impulsa-la conexión do labor investigadora da Universidade da Coruña e os seus centros I+D coa actividade de empresas tecnoloxicamente avanzadas e as institucións.

c) Facilita-la transparencia da tecnoloxía desde os centros universitarios ás empresas establecidas no parque, co fin de mellora-la eficiencia da actividade investigadora e colaborar no incremento da competitividade das empresas.

d) Fomenta-los proxectos conxuntos de investigación entre a Universidade da Coruña e as empresas de Galicia en áreas tecnolóxicas de recoñecida importancia.

e) Favorece-la creación de empregos cualificados, procurando mellora-las expectativas de traballo e as condicións laborais dos titulados universitarios.

f) Crear un marco de excelencia medioambiental e un espacio de creatividade e calidade ó servicio da investigación e á empresa.

g) Promove-lo fomento e o desenvolvemento dos sectores empresariais tradicionais de Galicia, dentro dun marco de competitividade, tecnoloxía e información.

h) Calquera outros fins acordes co disposto nos presentes estatutos.

4. O padroado da fundación estará integrado polos membros que se especifican no artigo 9 dos estatutos.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública proposta de clasificación como benéfico-social da Fundación Parque Científico-Tecnológico Río do Pozo, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como benéfico-social e a súa adscrición á Consellería de Innovación, de Industria e Comercio.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 4 de febreiro de 2003.

Vista a Constitución Española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeneral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como benéfico-social a Fundación Parque Científico-Tecnológico Río do Pozo, adscribíndoa á Consellería de Innovación, de Industria e Comercio que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública