Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.541

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 6 de febreiro de 2003 pola que se fai a terceira convocatoria de axudas de carácter socioeconómico ós pescadores dependentes ata 1999 do acordo de pesca con Marrocos.

A Orde do 4 de febreiro de 2002 pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas de carácter socioeconómico ós pescadores dependentes ata 1999 do acordo de pesca con Marrocos prevé, no seu artigo 4, que as convocatorias poderán ser varias, rexeranse polas bases e condicións establecidas na dita orde e, os remanentes dunha convocatoria acumularanse á seguinte.

A Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2003 prevé que o prazo de presentación de solicitudes de axudas non será inferior a corenta días hábiles.

Para tal obxecto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Convocatoria de axudas.

Convócanse axudas de carácter socioeconómico ós pescadores dependentes ata 1999 do acordo de pesca con Marrocos, que se rexerán polas bases e condicións e de acordo co procedemento establecido na Orde do 4 de febreiro de 2002 (DOG do 21 de febreiro); o prazo de presentación de solicitudes, de acordo co artigo 43 da vixente Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma será de corenta días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria.

Artigo 2º.-Crédito orzamentario.

As subvencións concédense con cargo á aplicación orzamentaria 12.03.614B.780.0 do exercicio vixente e cun importe de 3.264.000 euros.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos