Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.542

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2003 pola que se convocan unhas Xornadas sobre a divulgación do coñecemento na sociedade da información.

Dentro do Plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o 2003 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse, en colaboración coa Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela, unhas xornadas sobre a divulgación do coñecemento na sociedade da información, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Achegar ós funcionarios, ós universitarios e ós cidadáns en xeral as principais innovacións e tendencias na divulgación do coñecemento a través do sistema mediático que caracteriza a sociedade da información. O coñecemento especializado atopa moitas barreiras para chegar ós cidadáns a pesar da multiplicación de soportes e de canais que caracteriza a etapa actual de grandes transformacións e de converxencia mediática.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-A sociedade da información e o sistema de medios.

-A divulgación do coñecemento, os medios de comunicación e as facultades de Ciencias da Comunicación.

-Retos da información xornalística especializada.

-Achegas da investigación xornalística.

-Achegas do xornalismo de servicio.

-Mesa-coloquio: áreas de especialización.

-As contribucións da rede.

-Os grupos de comunicación e o xornalismo especializado.

-Os medios audiovisuais e a especialización.

-Comunicar política.

-Comunicar economía.

-Comunicar sociedade.

-O futuro da información xornalística especializada. Ideas para avanzar.

-Debate de expertos a partir das conclusións das xornadas para elaborar un documento -Documento de Santiago de Compostela- sobre a divulgación do coñecemento na sociedade da información. Redacción do documento final.

-Reunión dos membros do Instituto de Estudios da Comunicación Especializada. Pronunciamento sobre o Documento de Santiago de Compostela.

-Presentación do documento final.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega, docentes, estudiantes e interesados en xeral.

Ós alumnos da Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela que asistan a estas xornadas, recoñeceráselles un crédito de libre configuración por concorrer a esta actividade.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: as xornadas convocadas desenvolveranse no salón de actos da EGAP (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela), os días 10, 11 e 12 de marzo de 2003.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o xoves, día 6 de marzo de 2003.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4 ,15707, Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono, o día 7 de marzo, de 8.30 a 14.30 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39/44 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como o de cancelalas, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

8. Retransmisión pola Internet.

As persoas interesadas en segui-lo desenvolvemento destas xornadas pola Internet, poden facelo a través do seguinte enderezo: www.egap.xunta.es.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME

E DA MULLER