Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.749

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 31 de xaneiro de 2003 pola que se establecen os modelos normalizados de solicitudes de autorizacións, actas e libros regulados no Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento do xogo do bingo.

O Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento de xogo do bingo na súa disposición derradeira primeira, autoriza o conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local a dictar cantas disposicións de aplicación e desenvolvemento do regulamento sexan necesarias e, en concreto, sinala que se aprobarán por orde da consellería os modelos normalizados de solicitudes de autorizacións, actas e libros previstos no regulamento.

En virtude do exposto:

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Apróbanse os modelos e formatos dos documentos mencionados a continuación e que se recollen como anexos á presente disposición:

1. Solicitude de autorización e inscrición no rexistro de empresas do xogo do bingo en Galicia.

2. Solicitude de autorización previa de instalación dunha sala de bingo.

3. Solicitude de permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo.

4. Libro de reclamacións.

5. Libro de incidencias.

6. Libro de gratificacións.

7. Acta das partidas.

8. Solicitude de inclusión no rexistro de prohibidos.

Artigo 2º.-A presente orde entrará en vigor ós trinta días seguintes da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2003.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local