Advertido erro na resolución pola que se convoca a contratación das obras para ampliar e mellora-la planta baixa do edificio administrativo de servicios múltiples de Monelos, para situa-la delegación provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, publicada no DOG número 35, do 19 de febreiro de 2003 e no enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=2224, é necesario face-la seguinte corrección:
O punto «Prazo de presentación de proposicións», queda redactado como segue:
«As proposicións terán que presentarse en sobres pechados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, por correo, da forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, ou no rexistro de calquera das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
O prazo de admisión será de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta corrección de erros.

